MURO DAS EMOCIÓNS

Hoxe comezamos no cole cun proxecto moi emocionante. Trátase da realización do "Muro das Emocións" dentro da liña Emociona-T do Contrato Programa CP-Innova. Comezamos coñecendo a apaixoada autora Clara Colorines, que nos leva ao mundo das cores, das formas e do noso estado de ánimo. Quedamos abraiados descubrindo a importancia das cores do noso entorno e de canto inflúen en nós e nas nosas emocións. Con este entusiasmo fixemos nós de artistas e levamos a cabo a nosa propia obra de arte chea de cores e formas. O proxecto rematará co pintado do muro exterior dianteiro do colexio con moitas cores e formas, para que cada mañá nos trasmitan enerxía positiva e entremos ao cole con ledicia e entusiasmo.