Outras circulares

Circular Samaín e Magosto

Estimadas familias

Un ano máis dende o centro invitamos ao alumnado a participar na celebración do Samaín. Poden facelo decorando coas súas familias e do xeito máis orixinal que se lles ocorra, unha cabaza, espiga de millo, vasoira ou xesta coa que se varría antigamente. (Os nenos/as de Infantil traerán preferentemente vasoiras). O tema que estamos a traballar dende a nosa biblioteca é “A mitoloxía”, sobre o que pode versar a decoración. Deberedes traer as vosas creacións o luns 30 (lembrade poñerlle o voso nome para saber quen é o artista).

  

O martes, coincidindo coa festa do Samaín, celebraremos o magosto, para o que pedimos a vosa colaboración. Cada neno/a, traerá o luns unha ducia de castañas picadas. Serán os membros da ANPA os que veñan a asalas. Organizaremos unha sesión de xogos para todos os alumnos/as e para facilitar a participación nos mesmos, pedímosvos que non veñan disfrazados/as.

Estará con nós a Televisión de Galicia, programa “A Revista”, que fará un directo ás doce e media e outro entre a unha e a unha e media.

Grazas pola vosa colaboración.

Premendo na foto, veredes a exposición de cabazas, espigas de millo e vasoiras, así como as portas das aulas decoradas.

 

O LUNS 31 DÍA DO ENSINO

31/10/2016 01:23

O luns, día 31 de outubro, célebrase o Día do ensino e non haberá cole. O martes é festivo, así que voltaremos o mércores, día 2 de novembro.

A disfrutar desta ponte!

Atención!!!

O novo número de teléfono do centro é o 881 86 62 02.