O noso comedor

Da horta á cociña

Comezamos a recollida dos produtos da nosa horta: cebolas, allos, calabacín... Un grupo de alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fixo entrega de todo o recollido ao persoal de cociña do noso colexio. Completamos o ciclo, dende a nosa horta ata a nosa mesa. Que rico e san imos xantar!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Da horta á cociña

AXUDAS ALUMNADO COMEDOR

O luns, 30 de marzo publicarase a orde do 27 de marzo de 2020, pola que se anuncian axudas para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor (usuarios/as gratuítos e semigratuítos). As familias interesadas deberán presentar unha solicitude ata o 6 de abril. Toda a información no documento adxunto.

Mamás colaboradoras do comedor no ANTROIDO

Non só o noso alumnado celebra o antroido, a ilusión e entusiasmo tamén chegou ás mamás colaboradoras do comedor. Que xantar tan divertido!

A XANTAR!!!

Achégase a hora de xantar, umm!

Preparamos as mesas con manteis, pratos, vasos, culleres, garfos, coitelos...

E de pronto, o comedor cheo de nenos e nenas famentos :) Xantaremos de maneira saudable un primeiro prato, un segundo e unha sobremesa. Todo elaborado na nosa cociña e con productos da comarca. BO PROVEITO!!!

  

   

    

 

LISTADO DE ALUMNADO EN RESERVA QUE FINALMENTE RESULTOU ADMITIDO NO COMEDOR 2019/2020

Trala xuntanza do Consello Escolar celebrada o 3 de setembro de 2019 resultaron admitidos os alumnos/as que se atopaban en situación de reserva. Poden consultar o listado picando sobre a imaxe.

O alumnado admitido deberá cubrir o modelo de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II da Instrucción 2/2019 para determinar a contía que lle corresponde aboar polo servizo de comedor. Poderano recoller na administración do centro ou descargar desta web e entregalo no colexio nos primeiros días de setembro.

Así mesmo, o alumnado admitido deberá informar e xustificar no centro calquer problema de intolerancia ou alerxia que poda presentar.

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO NO COMEDOR CURSO 2019/20

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e en reserva no comedor para o vindeiro curso 2019/2020. Ábrese un prazo de 5 días para a presentación de alegacións. Clicar na imaxe para ampliar.

Aviso alumnado comedor

alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2019/2020, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2018 e entregalo na Administración do Centro o antes que poidan, en todo caso, nunca despois do 11 de setembro. Tamén se poderá enviar por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.es

Non terá que cumprimentar este impreso o alumnado seguinte:

    • O alumnado pertencente a unidades familiares que se atope en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos Servizos Sociais.
    • O alumnado que se atope en situación de acollemento.
    • O alumnado cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%
    • O alumnado pertencente a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditado documentalmente.

Descargar autodeclaración

 

ALUMNADO NON TRANSPORTADO INTERESADO NO SERVIZO DE COMEDOR

Estimadas familias, se vostedes están interesados no servizo de comedor para o vindeiro curso, deberannos entregar no despacho de administración, ata o 30 de xuño, o seguinte documento cuberto, así como a seguinte documentación acreditativa dalgunha das seguintes circunstancias de ser o caso:

-    Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%  (certificado de servizos sociais)

-    Alumnado membro de familias numerosas (título ou carné)

-  Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía:

  • Informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público
  • Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo.
  • Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia