O noso comedor

AVISO ALUMNADO COMEDOR!

O alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2016 (atoparédelo no arquivo adxunto da esquina inferior dereita), e entregalo no colexio o antes posible, en todo caso sempre antes do 11 de setembro. Poderán descargalo, cubrilo e envialo por correo electrónico. Non terá que cumplimentar este impreso o alumnado seguinte:

  • O que accede ao comedor a través de Servizos Sociais
  • O que estea en situación de acollemento
  • O que teña un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%
  • O que sexa vítima de violencia de xénero

XANTANDO XUNTOS NO DERRADEIRO DÍA NO COLE!

Remata o noso paso polo colexio, emprendemos outro camiño. Algúns seguiremos xuntos, pero outros separarémonos. Sabemos que este momento non se vai repetir e nada mellor que un xantar xuntos. Aínda que estabamos moi emocionados polas despedidas, pásamolo moi ben. A comida super rica; pizza, churrasco e xeado. E para acabar un baile. Adeus CEIP de Sigüeiro!!!

 

Disfrazámonos e divertímonos!

Que ben o pasamos no comedor polo antroido, cada día disfrazámonos e facemos un xantar máis divertido.

 

 

 

 

 

ANTROIDO, TAMÉN NO COMEDOR

O Antroido tamén chegou ao comedor!!!

 

 

 

COMO nos gusta COMER no cole!!!

Os nenos e nenas que comen no comedor do cole están encantados. Cada día comen mellor e con máis tranquilidade. Xa non se anda ás presas e a ver quen sae antes xogar. Hai un tempo para comer no que hai que permanecer sentados e no que se seguen formando e educando. A comida, sempre de primeira calidade, con productos frescos e a miudo procedentes da comarca. Os menús pensados para cubrir as necesidades nutritivas dos nenos e nenas dunha maneira saudable e elaborados na propia cociña do cole. Noraboa chicos e chicas, mamás colaboradoras e persoal da cociña.

 

 

   

POLO NADAL... MENÚ ESPECIAL!

Que menú o de hoxe! Para celebrar o nadal temos langostinos e de postre turrón, polvoróns...  Que rico todo!!!

  

Premio para os servidores e axudantes!

Sabemos que os servidores/as fan un traballo excepcional e proba diso é que agora todos os nenos e nenas comen moitisimo máis.  Merecían un premio polo seu bo traballo. Pois no recreo, sorpresa! Tiveron unha merenda especial no comedor! Chocolate, biscoito, galletas... Que rico todo! Grazas chicos e chicas!!!

Que bonito o comedor!

O noso comedor vestiuse de Nadal. Que bonito! Grazas mamás que facedes maravillas!