No 4º nivel de Educación Primaria realizaron un proxecto sobre os cabalos salvaxes que, aínda que
non é moi coñecida, fan unha labor moi importante na prevención de incendios, xa que desbrozan os
montes e mantéñenos limpos.
E chegou o DÍA GRANDE DO NOSO ANTROIDO. Emoción, nervios, risas... Que ben o pasamos! A temática, "Un cambio polo clima", inspirou os nosos disfraces: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros. Canta imaxinación e canto colorido. PARABÉNS ÁS FAMILIAS POLO SEU TRABALLO E AGRADECEMENTO POLA COLABORACIÓN NA APORTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA DATA.
Comezamos a mañá co desfile para as familias no colexio.
De seguido saímos polas rúas de Sigüeiro e a atoparnos cos outros colexios do concello que sempre é un pracer, o CEIP do Camiño Inglés e o CRA de Oroso.
Despois veu o desfile dos tres centros na alameda de Gois e para rematar... festa no colexio!
Como podedes ver no noso mural do Entroido "Un cambio polo clima" temos moita biodiversidade: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros.
Lembrámosvos que o mandado deste luns é:
O inverno xa chegou
e coma choqueiros ben abrigados
con roupa doutros e mal combinados.
Roupa pola casa buscarás
e toda ela reutilizarás.
Xa chega o Entroido e o Meco deixounos os seu mandados, comezamos o luns 13 de febreiro.
Eu son o rei do Entroido, Mércores
Meco danme en chamar. Para rematar
Obedece as miñas ordes o verán terás que anticipar,
se ben o queres pasar. con gafas e gorro
ao cole deberás chegar.
Eu ordeno e mando
que estes mandados Xoves
sexan encadenados Podes vir pintado
e como ti queiras disfrazado
Luns
Venres
O inverno xa chegou
e coma choqueiros ben abrigados Xa chegou o gran día
con roupa doutros e mal combinados. do mundo coidar!
Roupa pola casa buscarás Abellas, froitas, verduras, cabazas, paxaros,
e toda ela reutilizarás. cabalos, peixes e algas
polas rúas veredes pasar
Martes para do ENTROIDO facervos gozar.
A primavera vai chegar
e para as abellas coidar,
na túa cara flores
terás que pintar.
Seguiches con atención todos os capítulos da nosa guía turística sobre os Camiños de Santiago? Ou, pola contra, perdiches algún? Se é así, non te preocupes, aquí tes a guía completa que elaborou o noso alumnado baixo a coordinación da Biblioteca Escolar.
E se es dos que prefires a lectura en papel, tamén podes descargar a versión imprimible da guía no documento adxunto. Bo Camiño!
Chegamos ao último capítulo desta guía sobre os Camiños de Santiago sen esquecernos da ruta que atravesa o noso concello: O Camiño Inglés. Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de investigar sobre esta ruta e tamén sobre a cidade de Santiago de Compostela, meta de todos os peregrinos.
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |