Proxectos

Proxectos da Biblioteca

O ÁLBUM DAS NOSAS VIAXES

Estes son os álbums que resumen as nosas viaxes polo mundo durante este curso. 

Ven viaxar con nós!

 

 

CARLOS CASARES

Entre un Vento Ferido que non se decide a deixarnos, e Un Sol de Verán que non acaba de acompañarnos....chega nestes días o momento de coñecer un pouco mellor a Carlos Casares Mouriño. 

Así que, si queredes sabelo  todo sobre esta figura das nosas letras e das súas obras, non dubides en botarlle unha ollada ó mural que montou o alumnado de 3º, no que non falta de detalle.

A Volta ó Mundo das Palabras

 

Neste curso, dende a bibioteca do centro en colaboración co equipo de dinamización, fixemos a proposta de desenvolver un proxecto relacionado coa literatura de viaxes que recollimos co título; "A Volta ó Mundo das Palabras".

Con él pretendemos,que o noso alumnado se achegue a esas historias tradicionais vinculadas a diferentes países e culturas do mundo ó mesmo tempo que descubren como moitos dos contos cos que van medrando son os mesmos cos que medran outros nenos e nenas en lugares afastados e en épocas das que xa casi non nos lembramos.

 

 

 

Tarxeta de Embarque

Pasaporte

Cada alumno/a contará cun pasaporte persoal que irá enchendo cos visados de cada país que visite a través do itinerario literario que eles mesmos diseñen. 

E como bos viaxeiros e viaxeiras, non poden esquecer a tarxeta de embarque para iniciar a súa andaina.

safar wanaagsan 旅途愉快 Godd Trip! Boa viaxe a todos e todas! Bon Voyage Gute Fahrt  хорошая поездка

 

A BIBLIOTECA VÍSTESE DE SAMAÍN

Chegan as noites longas e escuras, os días nubosos, a choiva, os tronos, os raios.... Os contos de medo; de bruxas, de pantasmas, de monstros.... A santa compaña, os malos espíritos.... uuuuuuh Que meeeedo!!!