A NOSA ESCRITORA!

Hoxe estivo no colexio Andrea García Martínez, autora do libro "Animais fantásticos de aldea". Fíxonos moita ilusión porque ademais de gustarnos moito o seu libro, que ela mesma ilustrou, é de Sigüeiro e de nena foi alumna do noso colexio. Explicounos que é posible conseguir o que nos propoñemos se o perseguimos con empeño, ela conseguiu que lle publicasen as súas fántasticas historias ainda sendo moi noviña. Gracias a Andrea pola súa amabilidade e a Xerais.

  

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Despois dunha semana de bromas e moitas risas chegou o Día Grande do Entroido!

 

A choiva fixo que tiveramos que alterar a programación prevista e así non puidemos facer o desfile cos outros coles polas Rúas e Alameda de Sigüeiro. Trasladamos o desfile ao pavillón e acompañáronnos as familias. Como nos divertimos! Hai que dicir que tamén pasamos algo de nervios porque eso de desfilar diante das familias danos certa angustia. A temática deste curso AS OLIMPIADAS, deunos pé para versionar os disfraces de cada nivel, que estiveron relacionados cos deportes. Dende a natación ata o monopatinaxe, pasando por atletismo, ciclismo, tenis, artes marciais... 

       

   

Curiosidades sobre as Olimpiadas I

No 1º trimestre, o alumnado estivo investigando sobre os diferentes países que acolleron os Xogos Olímpicos dende a antigüidade. Coas súas pescudas elaboraron uns paneis informativos que colocamos no corredor da planta baixa do edificio de Primaria seguindo unha liña temporal. 

Agora Punki, a nosa mascota olímpica, está a engadir uns códigos QR nos que conta algunhas curiosidades sobre as Olimpiadas. Escanéaos e descubre cales son. Tamén podes visualizar os tres primeiros videos aquí.

MANDADOS DO MECO

 O Entroido chegou e o Meco ordenou.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA DE 5º A E 5º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Hoxe venres  2 de febreiro asistimos a Santiago, a ver e escoitar o conto `` O gato con botas ´´, coa Real Filharmonia de Galicia, e os títeres Perpoc.

AQUARIUM

O venres 2 de febreiro  o alumnado de 1º ciclo visitou o  Aquarium Finisterrae da Coruña.

        

 

      

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

No día de hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase a morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. No colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Queremos fomentar no alumnado valores como a tolerancia e o respecto mutuo entre persoas, sexa cal sexa a súa procedencia e a súa forma de pensar. Somos defensores da paz e o entendemento entre as persoas! E para demostralo bailamos no patio o Baile da Paz de Mamá Cabra.  Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz...

 

 

 

CHARLAS PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe tivo lugar a segunda das charlas de primeiros auxilios no colexio, promovida pola ANPA e impartida por Protección Civil do concello de Oroso. Desenvolvéronse varias actuacións e técnicas para a atención urxente a un enfermo ou accidentado ou nunha situación de risco. Resultaron moi interesantes e valiosas. Dende o centro agradecemos á ANPA e a Protección Civil a organización destas charlas.