Sorpresa! Esta semana Nica e Punki seleccionaron algúns libros da biblioteca e colocáronos en diferentes lugares de paso do noso colexio. Así, o alumnado de Primaria pode coller os libros recomendados polas nosas mascotas e facer o préstamo na biblioteca.
MASCOTA OLÍMPICA
Punki é a mascota elixida no concurso de mascotas olímpicas da biblioteca.
O seu ilustrador é Iker, alumno de 4ºB de Educación Primaria, que recibiu o seu agasallo na biblioteca.
CONCURSO TARXETA NADAL
Como cada curso polo Nadal, o Equipo de Dinamización da Lingua promove entre o alumnado un concurso de tarxetas de Nadal. E coma sempre os nosos nenos e nenas crean uns traballos impresionantes. A tarxeta gañadora foi a de Pedro de 4º C. Parabéns para todos os participantes!
Aquí unha pequeniña mostra:
Christmas videoconference
Despedimos o primeiro trimestre cunha nova conexión mediante videoconferencia cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta o alumnado de 5ºB foi o que se conectou dende cadanseu equipo cos alumnos/as do Royal Palm Elementary School de Miami. Como vedes, todos levabamos algún accesorio de Nadal nas nosas cabezas!
Primeiramente, compartimos algunhas tradicións típicas do Nadal en Galicia e Miami. Despois, cantamos panxoliñas. Nós eleximos a cantiga do Apalpador e ata a acompañamos con pandeiretas. E case sen darnos conta, o tempo esgotouse e tivemos que despedirnos. Ata a próxima amigos!
º
CHEGOU O NADAL!
E chega o Nadal! Así de bonita loce a nosa entrada, OS REIS MAGOS NAS OLIMPIADAS!!!
EXPERIMENTAMOS COA DENSIDADE
Hoxe en 4ºC tocou unha nova sesión experimentando e coñecendo o mundo que nos rodea. Fixemos dous experimentos. No primeiro puidemos ver como cambiando a densidade da auga (engadíndolle sal) un ovo pasaba de afundirse a flotar. Resulta que, se a densidade do obxecto que introducimos na auga ten unha densidade menor que a auga, flota!!! Pero se é menor, afúndese. Que interesante.
Tamén vimos o importante que é lavar as mans cunha sinxela demostración con pementa.
Encántannos os experimentos!
DESCUBRINDO A… YAYOI KUSAMA
As nenas e os nenos de 5º de infantil están coñecendo a Yayoi Kusam. Ao longo do trimestre foron descubrindo diferentes aspectos sobre ela, convertíndose en verdadeiras expertas e verdadeiros expertos.
ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS
Este venres, 1 de decembro, trasladámonos hasta a área recreativa da Madalena en Castrofeito, O Pino, para participar na Fasa Zonal Escolar de Cross. Fomos uns sesenta nenos e nenas que o pasamos xenial!
Competimos cun montón de colexios e acadamos uns moi bos resultados. Fomos campións por equipos en benxamín femenino, benxamín masculino e alevín femenino. E como individuais Mateo Rosende quedou de 1º na súa categoría, Alejandra Cebreiro de 2ª na súa e Xiana Reboredo de 3ª. Non podía estar mellor!!!
Despois de correr, un chocolatiño quente, que por certo estaba boísimo, e a recoller os premios!
E volta para o cole mais contentos que un cuco cos nosos premios!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »