MURO DAS EMOCIÓNS

Hoxe comezamos no cole cun proxecto moi emocionante. Trátase da realización do "Muro das Emocións" dentro da liña Emociona-T do Contrato Programa CP-Inclúe. Comezamos coñecendo a apaixoada autora Clara Colorines, que nos leva ao mundo das cores, das formas e do noso estado de ánimo. Quedamos abraiados descubrindo a importancia das cores do noso entorno e de canto inflúen en nós e nas nosas emocións. Con este entusiasmo fixemos nós de artistas e levamos a cabo a nosa propia obra de arte chea de cores e formas. O proxecto rematará co pintado do muro exterior dianteiro do colexio con moitas cores e formas, para que cada mañá nos trasmitan enerxía positiva e entremos ao cole con ledicia e entusiasmo.

  

  

 

Christmas in New York

This week, Chloe is telling us about Christmas and New Year traditions in New York. Have you heard of the rockettes performance in Broadway? Or the Dior and Staks lights show in the 5th Avenue? And what about the Rockefeller Christmas tree?

Esta semana, Chloe está a contarnos cales son as tradicións de Nadal e Ano Novo en Nova York. Escoitastes falar da actuacións das "rockettes" en Broadway? Ou do espectáculo de luces da marca Dior e Staks na 5ª Avenida? E que me dicides da árbore de Nadal Rockefeller?

COMO SE DI?

Neste vídeo recollemos as palabras que estivemos traballando ao longo do primeiro trimestre.

HORTOCOLIÑA NOVEMBRO - DECEMBRO

 

  CLICADE NA IMAXE PARA PODER VER A REVISTA. GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR NELA!

 

FESTA DE NADAL!

Hoxe é o día grande da celebración do Nadal no colexio! Se antonte os nenos e nenas de 5º visitaron a residencia de maiores de Porto Avieira para facerlle representacións e cantarlle panxoliñas e onte se fixo o Festival de Nadal no salón de actos para o alumnado de Infantil, 1º e 2º, hoxe é o día máis grande. Rematamos o trimestre e celebramos o Nadal con múltiples actividades. Empezamos a mañá recibindo a Melgasar, o carteiro real, que sempre nos visita neste día grazas á colaboración da ANPA. Con el puideron falar e entregarlle as cartas todo o alumnado de Infantil, 1º e 2º. 

  

   

A continuación na sala de Psico asistimos á representación do conto "Onde está Larry?" de Teatro Calavera. Foi moi divertido.

  

E mentres tanto no salón de actos, máis teatro, neste caso para o alumnado de 2º e 3º ciclo. Trémola Teatro ofreceunos "As aventuras de Didi". Rimos a escachadas e pasámolo en grande!

E para rematar Festival de Nadal con actuacións do noso alumnado; teatro, panxoliñas... Estivo xenial!

  

 

   

  

 

 

 

 

 

NICA E PUNKI RECOMENDAN

Sorpresa! Esta semana Nica e Punki seleccionaron algúns libros da biblioteca e colocáronos en diferentes lugares de paso do noso colexio. Así, o alumnado de Primaria pode coller os libros recomendados polas nosas mascotas e facer o préstamo na biblioteca.

MASCOTA OLÍMPICA

Punki é a mascota elixida no concurso de mascotas olímpicas da biblioteca.

O seu ilustrador é Iker, alumno de 4ºB de Educación Primaria, que recibiu o seu agasallo na biblioteca.