FESTA DE NADAL!

Hoxe é o día grande da celebración do Nadal no colexio! Se antonte os nenos e nenas de 5º visitaron a residencia de maiores de Porto Avieira para facerlle representacións e cantarlle panxoliñas e onte se fixo o Festival de Nadal no salón de actos para o alumnado de Infantil, 1º e 2º, hoxe é o día máis grande. Rematamos o trimestre e celebramos o Nadal con múltiples actividades. Empezamos a mañá recibindo a Melgasar, o carteiro real, que sempre nos visita neste día grazas á colaboración da ANPA. Con el puideron falar e entregarlle as cartas todo o alumnado de Infantil, 1º e 2º. 

  

   

A continuación na sala de Psico asistimos á representación do conto "Onde está Larry?" de Teatro Calavera. Foi moi divertido.

  

E mentres tanto no salón de actos, máis teatro, neste caso para o alumnado de 2º e 3º ciclo. Trémola Teatro ofreceunos "As aventuras de Didi". Rimos a escachadas e pasámolo en grande!

E para rematar Festival de Nadal con actuacións do noso alumnado; teatro, panxoliñas... Estivo xenial!

  

 

   

  

 

 

 

 

 

NICA E PUNKI RECOMENDAN

Sorpresa! Esta semana Nica e Punki seleccionaron algúns libros da biblioteca e colocáronos en diferentes lugares de paso do noso colexio. Así, o alumnado de Primaria pode coller os libros recomendados polas nosas mascotas e facer o préstamo na biblioteca.

MASCOTA OLÍMPICA

Punki é a mascota elixida no concurso de mascotas olímpicas da biblioteca.

O seu ilustrador é Iker, alumno de 4ºB de Educación Primaria, que recibiu o seu agasallo na biblioteca.

CONCURSO TARXETA NADAL

22/12/2023 22:00

Como cada curso polo Nadal, o Equipo de Dinamización da Lingua promove entre o alumnado un concurso de tarxetas de Nadal. E coma sempre os nosos nenos e nenas crean uns traballos impresionantes. A tarxeta gañadora foi a de Pedro de 4º C. Parabéns para todos os participantes!

Aquí unha pequeniña mostra: 

  

  

  

  

 

 

 

Christmas videoconference

Despedimos o primeiro trimestre cunha nova conexión mediante videoconferencia cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta o alumnado de 5ºB foi o que se conectou dende cadanseu equipo cos alumnos/as do Royal Palm Elementary School de Miami. Como vedes, todos levabamos algún accesorio de Nadal nas nosas cabezas!

Primeiramente, compartimos algunhas tradicións típicas do Nadal en Galicia e Miami. Despois, cantamos panxoliñas. Nós eleximos a cantiga do Apalpador e ata a acompañamos con pandeiretas. E case sen darnos conta, o tempo esgotouse e tivemos que despedirnos. Ata a próxima amigos!

º

CHEGOU O NADAL!

E chega o Nadal! Así de bonita loce a nosa entrada, OS REIS MAGOS NAS OLIMPIADAS!!!

EXPERIMENTAMOS COA DENSIDADE

Hoxe en 4ºC tocou unha nova sesión experimentando e coñecendo o mundo que nos rodea. Fixemos dous experimentos. No primeiro puidemos ver como cambiando a densidade da auga (engadíndolle sal) un ovo pasaba de afundirse a flotar. Resulta que, se a densidade do obxecto que introducimos na auga ten unha densidade menor que a auga, flota!!! Pero se é menor, afúndese. Que interesante. 

Tamén vimos o importante que é lavar as mans cunha sinxela demostración con pementa. 

Encántannos os experimentos!

 

 

DESCUBRINDO A… YAYOI KUSAMA

As nenas e os nenos de 5º de infantil están coñecendo a Yayoi Kusam. Ao longo do trimestre foron descubrindo diferentes aspectos sobre ela, convertíndose en verdadeiras expertas e verdadeiros expertos.