Blogue de Secretaría

FORMACIÓN DE USUARIOS

Nica regresa este curso ao seu lugar preferido da escola: A Biblioteca...

   

...ven falarnos das cousas que podemos facer nela, todo o que podemos atopar, as normas que debemos respectar, que materiais podemos levar emprestados, como debemos empregar o noso carnet de socio, o horario en que podemos ir,.....para que nos convirtamos nuns usuarios e usuarias competentes e responsables.

 

 

 

 

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

 

De novo Nica conta este curso coa colaboración do alumnado de 6º de E. Primaria.

Cada día na hora do recreo, tres alumnos  axudan nas tarefas propias deste espazo: colocación dos libros, axudar aos compañeiros na busqueda de materiais, xestionar a entrada, controlar o aforo da biblioteca, facer empréstitos e devolucións,...

O que pretendiamos era involucrar aos rapaces para que coñeceran a biblioteca e así a sentiran  como algo propio,  implicándose no seu coidado e interiorizando a necesidade de respectar as normas de funcionamento establecidas. O polo que parece este obxectivo témolo acadado, xa que son moitos e moitas os que queren participar como voluntarios.

 

 

  

Grazas a todos e todas!

A Volta ó Mundo das Palabras

 

Neste curso, dende a bibioteca do centro en colaboración co equipo de dinamización, fixemos a proposta de desenvolver un proxecto relacionado coa literatura de viaxes que recollimos co título; "A Volta ó Mundo das Palabras".

Con él pretendemos,que o noso alumnado se achegue a esas historias tradicionais vinculadas a diferentes países e culturas do mundo ó mesmo tempo que descubren como moitos dos contos cos que van medrando son os mesmos cos que medran outros nenos e nenas en lugares afastados e en épocas das que xa casi non nos lembramos.

 

 

 

Tarxeta de Embarque

Pasaporte

Cada alumno/a contará cun pasaporte persoal que irá enchendo cos visados de cada país que visite a través do itinerario literario que eles mesmos diseñen. 

E como bos viaxeiros e viaxeiras, non poden esquecer a tarxeta de embarque para iniciar a súa andaina.

safar wanaagsan 旅途愉快 Godd Trip! Boa viaxe a todos e todas! Bon Voyage Gute Fahrt  хорошая поездка

 

Recomendacións máis novidosas

 

Neste boletín de novidades poderedes atopar unha serie de títulos por idades cós que esperamos que deixedes voar a vosa imaxinación.

Folleto decembro

 

MALETAS VIAXEIRAS

MALETAS VIAXEIRAS

 

Un curso máis seguimos empeñados en espertar entre  o noso alumnado o pracer pola lectura. 

Entre as propostas que facemos dende a biblioteca, este curso dispoñemos dun recurso novo que a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia pon á nosa disposición; "As Maletas Viaxeiras". 

Esta 1ª quincena do mes de febreiro contamos cunha maleta de "ciencias" con máis de 30 títulos, entre libros e películas, cargados de información, actividades e moita diversión, porque... quen dixo que a ciencia non pode ser divertida?

 

 

XORNADAS DE CONTACONTOS

A partir do mes de febreiro, todo o alumnado do centro que o desexe, poderá participar nas sesións de Contacontos organizadas dende a biblioteca, e que se desenvolverán tódolos mércores na hora do recreo. 

Convertiranse así en contadores e contadoras de contos, hitorias, anécdotas..... e disfrutarán escoitando os seus compañeiros e compañeiras.