Blogue de Secretaría

COMEZAMOS!

 

Benvidos a todos e todas dende a biblioteca do centro.

Un novo curso comeza e Nica ven con enerxía e co firme propósito de acadar novos lectores e lectoras ávidos de mergullarse nas apaixoantes historias que garda nos seus andeis.

E para iso, comezamos cun montón de novidades;

Contamos con dous novos espazos onde disfrutar relaxadamente das lecturas escollidas ven en solitario ou compartíndoas con algún compañeiro/a.

E para que podades estrealas, contamos cunha selección de banda deseñada infantil e xuvenil da que disfrutar todo este mes. Non a deixedes escapar!

Agardámosvos

GUÍAS DAS NOSAS VIAXES

Para todos e todas os que vos embarcáchedes nesta viaxe literaria con nós, deixámosvos as guías que o alumnado de 6º de Educación Primaria preparou coa información recollida por cada aula sobre o país que traballaron.

Para a súa maquetación contamos coa colaboración do alumnado do ciclo FPB de Artes Gráficas do IES Leixa de Ferrol.

Graciñas a todos e todas pola vosa colaboración. Sodes uns astistas!

Podedes descargalas nos seguintes enlaces

Guía de Brasil

Guía de China

Guía de EEUU

Guía de Egipto

Guía de Francia

Guía de Gran Bretaña

Guía de Grecia

Guía de Groenlandia

Guía de La India

Guía de Italia

Guía de Portugal

Guía de Rusia

Guía de Senegal

Guía de Tailandia

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5 E 6º DE PRIMARIA

Retrincos da excursión de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Tódalas fotos na nosa galería.

 

COLLEITANDO CO ALUMNADO DE 5º

O noso horto non para!

Cando os de 6º non poden, aquí estamos os compañeiros e compañeiras de 5º para tomar o relevo. 

E facémolo encantados. 

Estes foron os froitos do noso traballo.

 

 

 

O ÁLBUM DAS NOSAS VIAXES

Estes son os álbums que resumen as nosas viaxes polo mundo durante este curso. 

Ven viaxar con nós!

 

 

CARLOS CASARES

Entre un Vento Ferido que non se decide a deixarnos, e Un Sol de Verán que non acaba de acompañarnos....chega nestes días o momento de coñecer un pouco mellor a Carlos Casares Mouriño. 

Así que, si queredes sabelo  todo sobre esta figura das nosas letras e das súas obras, non dubides en botarlle unha ollada ó mural que montou o alumnado de 3º, no que non falta de detalle.

VALO LER

Cantas veces escollemos un libro porque alguén nolo recomendou?

Iso é o que pensamos na biblioteca! E quen mellor ca vós para facelo!

Así que, dende agora, ese libro que comezas a ler e non podes parar porque non es quen de deixalo, queremos que llo recomendes os teus compañeiros e compañeiras, para que, o igual ca ti, non poidan soltalo.

Podedes deixar no "Balo" que montamos na entrada da biblioteca un Post-it cos datos dese libro.


De seguro que Valo Ler!

CONTA CONTOS DE MAIO

As xornadas de Conta Contos dos mércores están a ser todo un éxito.... 

Este mércores, tres alumnas de 6º narraron as historias de "Toribio" facendo un percorrido literario e literal polos seus inventos. Pasamos un rato ben divertido.

Parabéns para elas!

TORIBIO CHEGA AO NOSO CENTRO......POR PEDRO BRANDARIZ

Toribio é un neno de oito anos cun enxeño fóra do común que desfruta inventando todo tipo de artiluxos imposibles. Xunto a él, e da man do seu creador Carlos Casares, viaxaremos sen tregua polo mundo da fantasía.

Carlos Casares creou esta saga nos anos 90, adiantándose así ao fenómeno que este estilo de  literarura infantil causa na actualidade.

Hoxe, o alumnado do centro puido disfrutar da presentación deste personaxe de xeito lúdico da man de Pedro Brandariz, divertido contacontos que encheu a nosa xornada de cor e risas.

COS NOSOS CONTOS

A nosa Nica é moi presumida, xa sabedes canto lle gusta ir deixando polos recunchos do cole as súas fotos nas que, iso si, sempre sae lendo, porque xa sabedes que é algo que lle encaaantaaaa!.

Así que...cavilando.....chegou a unha conclusión.....

Por que vou encher todo coas miñas fotos lendo, se aquí hai moitísimos nenos e nenas os que lles encanta ler?