Blogue de Secretaría

XA TEMOS INVERNADOIRO!

Din as xentes do campo co seu saber "para recoller, antes hai que sembrar", e moito mellor se o facemos con cariño. Así que iso é o que facemos cada día coa axuda de todos e todas os que vos apuntades a participar, e por iso Hortocol non deixa de medrar.

E agora, xa non falta nada, temos ata un espléndico invernadoiro onde cultivar tódolos nosos produtos.

 

 

Dou leria montalo, pero tivemos a sorte de contar coa axuda da  Anpa que fixeron que ata parecera doado.

Graciñas!

CANDO A ILUSIÓN MEDRA TANTO COMO O PROXECTO!

Como auténticos profesionais, o alumnado de 6º deixou o rego preparado para poder disfrutar deste tempiño soleado nas vacacións sen preocuparse polo horto.

 

Como podedes ver, tiveron uns axudantes de excepción, xa que o alumnado de infantil está moi implicado no proxecto.

Un agradecemento especial merece ó profe Juan Vilas de 1º, quen demostrou ser todo un especialista na materia!

Isto si é auténtico traballo en equipo!

EU REGO, TI PLANTAS, ELA ABONA!

Os alumnos e alumnas de 5º encheron as súas parcelas de vida!

UNHA BOA XEIRA!

Aproveitando o día, o noso horto non tivo descanso!

Proxecto "Lanzadeiras"

O alumnado de 6º está que non para!

O luns 27 de marzo participaron nun taller para fomentar a implantación da cultura emprendedora, impartido por Modesto Gómez,  quen de xeito moi ameno conseguíu contaxiarnos da súa ilusión.

Este taller, parte do proxecto de Eduemprende, enmárcase dentro do programa Lanzadeiras,  creado para o desenvolvemento de miniempresas educativas en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na provincia de A Coruña. 

Taller de Habilidades para ó Éxito

O alumnado de 6º participou o venres no Taller de Habilidades para ó Éxito, impartido por Alejandra Sánchez, "coach" da consultoría Bevel, e especializada en adestrar habilidades a través da formación,  promovendo a busca activa de respostas e solucións mediante o  acompañamento.

Enmarcado dentro da serie de actividades que están a desenvolver co seu proxecto Hortocol, esta  dinámica pretende favorecer a adquisición de técnicas de liderazgo, traballo en equipo, creatividade e asertividade, a través de dinámicas lúdicas e proactivas.

Visita de Malibú!

Nesta semana tan curta de 2 días, 2 e 3 de marzo, visitounos no CEIP de Sigüeiro Adriana, e trouxo con ela a Malibú, unha cadela que estivo abandonada e que agora vive na Casa Grande de Xanceda. Adriana dounos unhas charlas sobre a importancia de coidar os animais e da labor que realizan as canceiras con cans que son abandonados. 

Moitas gracias a Adriana e un pracer coñecerte, Malibú!

Visita de Manolo Rivas

"Nunha cidade costeira, Rosa Ribero, unha xornalista sen pelos na lingua, ve como todo o seu mundo da un xiro radical o embarcarse nunha perigosa aventura da man de Bala Perdida, un pirata".

Así é o mundo literario no que se está a mergullar o noso alumnado de 6º!

E por si a aventura non resultara a todas luces apaixoante, tivemos a sorte de compartir a nosa visión co seu autor, Manolo Rivas, quen non dubidou en respostar a tódalas nosas preguntas; ler con nós os seus parágrafos favoritos; firmar os nosos exemplares e mesmo colaborar  na plantación dunha camelia en conmemoración polo aniversario de Rosalía. 

 

Graciñas Manolo!

REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA

A biblioteca do noso centro pertence a esta rede, polo que podedes consultar o catálago da bibliteca a través da web.

Soamente teredes que acceder a esta páxina http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEC001e realizar a búsqueda que vos interese segundo diferentes criterios; autor, título, materia,.... tamén tedes información sobre os materiais máis emprestados e sobre os novos fondos esixtentes.