Matrícula 2016-2017

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2016/2017

(Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo de 2013)

 

 

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO

 

Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. O alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en secretaría) entre o 1 e o 15 de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión (Anexo II*),seguindo as instrucións do recadro seguinte. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (anexo III-2).

 

ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO (xa poden facelo os nados en 2013)

                                                                                                                                                                     

1.    Do 1 ao 29 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II*) Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

  •  Fotocopia do DNI do alumno/a  ou do Libro de Familia.
  • Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

      As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da             solicitude de admisión presentada no novo Centro.

2.    Do 1 ao 12 de abril: Presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados (só no caso de non haber praza para todos, o que se comunicaría previamente).

3.    Antes do 25 de abril: Publicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

4.    Do 20 ao 30 de xuño:Formalización da matrícula (E.Infantil e Primaria) con impreso

(Anexo III*). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

 

 

*Os Anexos encóntranse adxuntos ao final desta entrada, tamén se poden recoller na Conserxería do Centro, descargar dende o blog do Colexio (http://ceipsigueiro.blogspot.com.es/) e da páxina da Consellería. Tamén se poden cumprimentar as solicitudes e imprimilas na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.es/portada

 

O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

 

HORARIO de atención en SECRETARÍA:

                  - Pola mañá:de luns a venres de 9:45 a 10:30 e os mércores de 13:00 a 14:30 horas.

                  - Pola tarde: martes de 16:30 a 17:30 horas.

 

 

Sigüeiro, 22 de febreiro de 2016

AnexoTamaño
ORDE DE ADMISIÓN 12 marzo 2013.pdf1.03 MB
ANEXO II.pdf95.41 KB
ANEXO III.pdf70.49 KB