Skip to Content

Terceiro de Primaria

Carta de Fina Casalderrey

O pasado mes de maio a clase de 3º A recibiu unha carta da escritora galega Fina Casalderrey. Contándonos as súas experiencias como solo unha fada das palabras sabe facer e enchendo de agarimos e simpatías o que alí dicía.Sentía unha gran ledicia porque á nosa aula a bautizásemos co seu nome e tamén porque o alumnado de 3º A lera con entusiasmo e agrado a seu libro " O misterio dos fillos de Lúa" e lle escribise para contarllo.

A carta de Fina deixou en todas as facianas da nosa clase un ledo sorriso e moitas ganas de seguir lendo!

A Paisaxe

Jclic para traballar a paisaxe e o relevo de Galicia. Preme

os sentidos

Os seres vivos

Día do Libro 2010

 
 
O pasado venres, 23 de abril, foi un día un pouco especial porque celebrámo-lo Día do Libro; ademais tódolos que se chaman Xurxo, estaban de santo, e na nosa aula había dous.
No colexio tamén o celebramos;  xa que a nosa mestra nos dixo uns días antes que tiñamos que traer un libro propio envolto en papel de regalo para agasallar a un compañeiro ou compañeira. Tamén nos dixo que o de regalar libros este día, era un costume catalán e  a min pareceume moi chulo. Realmente é un préstamo pero fixemos como que o regalabamos e todos recibimos un de regalo. Cando o teñamos lido, teremos que devolvelo.
Pero o máis importante do día foi que veu a visitarnos un escritor, Ramón Caride. Contounos como escribira o libro " As aventuras de Xan Farrapeiro"  grazas á súa filla Sara e leunos uns poemas.
 
Alba 3º B 

Recitamos poesía

Este curso organizamos de novo un recital de poesía para rematar o mes de marzo, no que cada ano facemos un montón de actividades relacionadas coa poesía.
Esta vez o recital non foi todo o colexio xunto; senón que os "recitadores" de cada aula acudían  a outra dun curso diferente e recitaban para ese grupo. Os de 3º B fomos a recitar ao grupo de 4º A. Estabamos un pouco nerviosos e recitamos tan rápido que axiña acabamos.
Máis tarde xuntámonos os tres cursos de terceiro (tamén se xuntaron os de outros cursos) no salón de actos e recitamos de novo para tódolos compañeiros e compañeiras. Que importantes nos sentiamos alá enriba do escenario recitando os nosos poemas xunto ao micrófono! Fixémolo moito mellor!

Títeres no Auditorio de Galicia

 

Estes días pasados o alumnado de 2º ciclo asistimos a unha representación de títeres no Auditorio de Galicia. O grupo de teatro Artello representaba o conto popular Polgariño.

Aínda que o conto é moi coñecido, a posta en escea foi curiosa, porque mesturaba marionetas, personaxes reais, teatro de sombras e música.

Apenas había decorado no escenario e unha cortina servíalle aos actores para representar os diferentes lugares onde sucedía a historia: a casa de Polgariño, o bosque, a casa dos ogros,....

A música acompañaba a obra nalgúns momentos e só cun instrumento, o saxofón. O grupo ademais rematou o conto orixinal dunha maneira diferente;  xa que Polgariño e os seus irmáns conseguen sacar á familia dos apuros económicos montando unha empresa de transporte coas botas de sete leguas roubadas ao ogro.

Xenial!!

Vaia pasada de festa!

O Túnel do Tempo

O venres pasado celebramos no cole o antroido, que cada ano resulta unha festa mellor que a anterior tanto nos disfraces, a decoración do pavillon de deportes como a participación de profes, nenos e nenas e incluso as familias!!

Este ano o tema escollido foi a recreación das distintas épocas da historia, titulábase a exposición “O Túnel do tempo”. Cada curso escolleu unha época e despois de estudala, representouna nun espazo do pavillón xunto con información sobre ela. Así, paseando arredor do pavillón, podías viaxar no tempo polas distintas épocas... pero sen moverte dalí!

Podías comezar bailando nun salón dos anos vinte, co seu bar e as súas luces brillantes; ser testigo da chegada do barco viquingo ás torres de Catoira; vivir nunha comuna xipi coa súa tenda de campaña, campo de flores, instrumentos e furgoneta chea de cores; participar na conquista do oeste; visitar a torre de Hércules e as murallas de Lugo da man dos romanos; contemplar os humanos do futuro; ou tomar un bebedizo máxico nunha palloza castrexa (con porco celta e todo). Unha viaxe alucinante!!

Ademais tamén houbo música e danzas: dende o charlestón, pasando por unha danza celta, ata unha polca do oeste americano; cada época a súa música.

Como remate, filloas e orellas para todo o mundo. Unha festaza!!

Para todos aqueles e aquelas que non viron a exposición, se manterá no novo ximnasio durante un tempo para poder visitala con calma; incluso nós, os participantes, que con tanta troula perdemos algúns detalles.

Celebración do Día da Paz

O venres pasado celebramos no cole o Día da Paz.
Despois do recreo, xuntámonos todos no salón de actos.
Primeiro, foron os pequenos, que nos recitaron unha poesía moi bonita coa axuda duns carteis.
Despois, foron os maiores, que cantaron unha canción en inglés titulada "África" coa axuda das profesoras de inglés.
A continuación, vimos un vídeo dunhas nubes e unhas cegoñas. A min pareceume moi bonito.
Por último, cantamos todos xuntos unha canción da Paz facendo karaoke. A min pareceume preciosa.
Estiven moi contenta aquel día porque, ademais da celebración, tamén o meu nome significa Paz.
Irene Penido

Obradoiro de paxariña de papel

 

Co gallo do Día da Paz, este curso en vez de elaborar pombiñas, asistimos a un obradoiro na biblioteca para aprender a facer paxariñas de papel.

Coas titoras de 3º curso, durante o recreo e coa axuda dun vídeo na pantalla, probamos unha e outra vez a facelas ata aprender. Despois decorámolas e puxémoslle frases e palabras relacionadas coa Paz. Con elas pensamos decorar os corredores e aulas do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut