Skip to Content

Novas

QUERES LER?

DURANTE ESTA SITUACIÓN EXCEPCIONAL MOITAS EDITORIAIS, ESTÁN POÑENDO A VOSA DISPOSICIÓN MOITOS RECURSOS AOS PODES ACCEDER DE XEITO GRATUÍTO, PARA AXUDARCHE A FACER MÁIS LEVADEIRO O TEMPO, PERO GOZANDO CON LECTURAS

AQUÍ TEDES CONTOS E HISTORIAS GRAZAS Á EDITORIAL BAÍA EDICIÓNS

 

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Baía_Edicións_Logo

 

 

TAMÉN KALANDRAKA QUERE COMPARTIR CON VÓS CONTACONTOS, VIDEOS, MÚSICA,...

 

http://www.kalandraka.tv/gl/

Kalandraka

 

  A LERRRRRRRRRRRRRRRR E GOZARRRRRRRRRRRRRR!!!!!

DÍA DO LIBRO INFANTIL

HOXE 2 DE ABRIL, CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, CONINCIDINDO CO NACEMENTO DO ESCRITOR DANÉS  HANS CHRISTIAN ANDERSEN, CO OBXECTIVO DE FOMENTAR O AMOR POLOS LIBROS.

ESTE ANO O IBBI, ESCOLLEU A UN ILUSTRADOR E ESCRITOR DE ESLOVENIA PARA ELABORAR O CARTEL E A MENSAXE QUE PATROCINE  ESTE DÍA POR TODO O MUNDO.

SE CLICAS NA FOTO ACCEDERÁS A ESA PEQUENA E INTERESANTE HISTORIA QUE ESTÁ XIRANDO POR TODO O MUNDO. E TAMÉN A OUTROS MOITOS ENLACES MOI INTERESANTES (premios, ultimas novidades..), ANÍMATE E ACCEDE!!!!

 

 

ATOPARÁS POR EXEMPLO, UNHA PROPOSTA DO COÑECIDO GIANNI RODARI, QUE CHE RECORDA MOITAS MANEIRAS DE XOGAR A INVENTAR HISTORIAS. POR QUE NON TE ANIMAS A CREAR A TÚA HISTORIA CON ALGUNHA TÉCNICA QUE SUXIRE RODARI?

http://revistababar.com/wp/dia-del-libro-infantil-2020-inventando-historias-con-rodari/

 

"BAILANDO CON ROSALÍA" (24F)

Aquí vos deixamos a lembranza da actividade homenaxe a Rosalía de Castro, proposta entre outras para conmemorar esta data (24 de febreiro). Un obradoiro de baile a nivel de centro, no que se pretende facer o mesmo que facía a escritora, darlle valor á nosa cultura galega en todas as súas formas. Para isto contamos coa inestimable colaboración da profesora de baile Galego "Gabriela Casal Alfonsín" (mestra en prácticas no centro durante a segunda avaliación). Gracias compi!!

 

 

POESÍA como RELAXACIÓN

NESTES DÍAS, NOS QUE SE ROMPEU A NOSA RUTINA, UNHA BOA MANEIRA DE RELAXARSE, DE DESCONECTAR, DE SOBRELEVAR O TEMPO,... PODE SER LER POESÍA

AQUÍ CHE DEIXO UN EXEMPLO,LE, BUSCA POEMAS QUE CHE SUXIRAN ALGO, CREA OS TEUS POEMAS,... 

 

POEMA, DO LIBRO "OS SOÑOS NA GAIOLA", DE MAUNEL MARÍA

 

 CREA O TEU BARCO DE PAPEL E IMAXINA A ONDE CHE GUSTARÍA VIAXAR!!!!!!!!!!!!!!!

21 de MARZO: DÍA DA POESÍA...COMEZA A PRIMAVERA, HAI ESPERANZA!

ESTE 21 DE MARZO, COMEZO DA PRIMAVERA!!

NESTA SITUACIÓN TAN DIFÍCIL QUE NOS TOCOU VIVIR, QUEREMOS COMPARTIR OS TRABALLOS QUE FIXEMOS NO COLE SOBRE A POESÍA E AMOSARVOS QUE AS SEMENTES QUE PLANTAMOS NA AULA XA EMPEZAN A AGROMAR. HAI VIDA, HAI ESPERANZA! COIDÁDEVOS!

 

E aquí vos deixamos a canción que estabamos a preparar para esta data sinalada!!

Retomarémola á volta!

O día do medio ambiente agárdanos xa o vindeiro 5 de xuño e pode ser unha gran data para cantarmos todos xunt@s e festexar tamén o "final" desta complexa situación que nos está tocando vivir. Xa sabedes que a música cura un feixe de males. Así que... A cantarrrrSorriso

 

  

 

"ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA"

 

TRABALLOS DAS FAMILIAS 

 
 
 
EN BREVE AQUI, O VÍDEO DA MACRO BAILA GALEGA QUE FIXEMOS TODOS XUNTOS NO PATIO!!

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

DENDE O NOSO CENTRO QUIXEMOS CONMEMORAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA POÑENDO EN RELEVANCIA AQUELAS MULLERES QUE ESTÁN MÁIS PRETO DE NÓS E QUE SON IMPORTANTES POR DIVERSOS MOTIVOS. E CON ELAS FACER EXTENSIVA A NOSA REINVINDICACIÓN AO PAPEL E VALÍA DAS MULLERES NA NOSA SOCIEDADE.

CLICAR NA FOTO PARA VER MÁIS.

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2020

Como todos os anos, xa está na rúa o noso calendario solidario. Actividade promovida polo CEIP da Ramallosa a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega en coordinación cos diferentes Equipos de traballo do Centro. Este ano baixo a temática dun dos Proxectos Anuais do Centro; "AULAS ILUSTRES"

Como sabedes, a metade da recadación das vendas vai destinada íntegramente ao Banco de Alimentos do noso Concello e a outra metade do custe é exclusivamente para os gastos de impresión e encadernado dos calendarios contratado a unha empresa externa.

Todo o traballo gráfico de deseño, edición e maquetación faise de maneira altruísta a través do EDLG do Centro.

Igual que o ano pasado, o custe de cada exemplar é de 7€

Se ainda non tés o teu exemplar, estades a tempo de adquirilo e aportar o voso gran de area a este proxecto solidario, pois estamos a piques de rematar os exemplares impresos este 2020. Podes botarlle un ollo aquí. Mil grazas pola vosa colaboración un ano máis!!  

 

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

HOXE, COMO CADA 30 DE XANEIRO COMMEMORASE O DÍA DA PAZ ESCOLAR E DA NON VIOLENCIA, E DENDE O NOSO CENTRO, QUIXEMOS UNIRNOS A ESTA CELEBRACIÓN CREANDO UNHA FERMOSA INSTALACIÓN DE LAZOS DE CORES, ONDE CADA UN LEVABA ESCRITO UNHA PALABRA RELACIONADA COA PAZ FEITA POR CADA ALUMN@ E PROFESORADO DO COLEXIO, PARA COMPARTILAS CON TOD@S.

PREVIAMENTE POLOS CORREDORES DO CENTRO SE FIXO UN CAMIÑO DE PEGADAS DE TODO O ALUMNADO QUE LEVABAN DECORADAS FRASES, PALABRAS, POEMAS, CITAS, ... RELACIONADAS COA DATA QUE SE CONMEMORA; "PEGADAS DE PAZ". ESES CAMIÑOS CONDUCÍAN Á INSTALACIÓN EXTERIOR ONDE SE PENDURARON OS LAZOS "ENLAZADAS POLA PAZ"

POSTERIORMENTE, CADA UN RECOLLÍA UN LAZO PARA POÑERSE COMO RECORDO DO DÍA E LEMBRANDO QUE O CAMIÑO DA PAZ O FACEMOS TODOS E TODAS COAS NOSAS ACTITUDES, COMPORTAMENTOS, CONDUCTAS,...  DÍA TRAS DÍA.

 

 

          

                  

                                             

                                             

 

        

                                               

 

                  

PEGADAS

 

                                  

E TAMÉN SE FIXO UNHA EXPOSICIÓN DE FONDOS RELACIONADOS COA TEMÁTICA ASÍ COMO CARTEIS CON INFOMACIÓN RELATIVA

 

           

          

O ALUMNADO DE INFANTIL TAMÉN VISIONARON O TRAILER DE "HISTORIA DE UNA GAVIOTA" E REMATAMOS A XORNADA CANTANDO A PEZA "EU TEÑO ALGUÉN" DO GRUPO MARÍA FUMAçA

LEMBRANDO COUSIÑAS DESTE 1º TRIMESTRE...

VISITA DO  "OBRA" AO CENTRO

Esta avaliación tivemos a sorte de contar coa visita de tres

xogadores do Monbús OBRADOIRO CAB,

o noso clube de baloncesto ACB.

ÁLVARO MUÑOZ - KOSTAS VASILEIADIS - V. BRODZIANSKY

Sen dúbida, un día de emocións a flor de pel,

pois tanto alumnado como profesorado do centro

somos auténticos siareiros!! Con eles aprendimos un montón

de cousas sobre as súas vidas como deportistas profesionais

e tamén do seu lado máis persoal. Recibimos un mar

de aloumiños destes tres xogadres que nos amosaron sobre

todo a súa parte máis humana. Unha demostración de

humildade, cercanía e cariño que non esquenceremos.

 O sábado 25 de xaneiro coñeceremos o agraciad@ cos

agasallos que nos deixaron; A súa foto asinada, un balón

oficial asinado e unha bufanda do equipo

Aquí podedes ver algunhas fotiños da visita! 

OBRA

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut