Skip to Content

CAMIÑO DE SANTIAGO: PROXECTO DOCUMENTAL

  Este curso dentro do Proxecto de Biblioteca (incluído no Plan Xeral Anual do Centro) propuxemos tres proxectos documentais a desenvolver durante os tres trimestres do curso. Nestes proxectos documentais participará todo o alumnado dende a súa titoría, cunha aproximación a un aspecto do tema proposto mediante traballos informativos, murais, traballos plásticos,...

  Este primeiro trimestre do curso trataremos o tema "O Camiño de Santiago". Así, utilizando libros, páxinas web e outros documentos (dos que contamos na nosa biblioteca ou que aporta o propio alumnado) cada nivel traballará un aspecto: orixe da tradición, vestimenta do pelegrín, a hospitalidade no camiño, as diversas rutas cara a Santiago, a arte e tradicións vinculadas ao camiño...; que se recollerá en diferentes traballos que expoñeremos no espazo en torno á biblioteca, para que todos e todas poidamos ver e aprender do traballo dos demais.

  Como complemento a esta actividade realizaremos o profesorado e alumnado do colexio un tramo do Camiño Portugués que pasa polo noso concello, dende Casalonga ata a Praza do Obradoiro;  acompañados por personal do servicio de Protección Civil do concello. O alumnado irase incorporando a esta ruta en diferentes lugares en función das posibilidades de cada idade.

Na galería de actividades poderedes ver unha mostra destes traballos ou tamén se poderá visitar a exposición que temos na entrada da nosa biblioteca.

 

 



page | by Dr. Radut