Skip to Content

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ao inicio de ano, aló polo mes de Xaneiro, iniciouse unha actividade proposta polo Comando Verde, ante a preocupación dun problema que está sufrindo o noso planeta que é a gran cantidade de residuos plásticos dun só uso que se está xerando e que están contaminando. Polo que a iniciativa tiña como obxectivo concienciar ás crianzas da cantidade de plástico dun só uso que se xeraba nas merendas e intentar reducir este lixo. Para iso colocouse un colector amarelo no patio para que puidesen depositar nel ditos residuos e ver como se ía enchendo co paso dos días.

Paralelamente fomos anotando nas aulas a cantidade de botes, bricks e envoltorios que se xuntaban cada día. Con estes datos, elaborouse unha gráfica que aproveitamos a comentar neste día do medio ambiente; uns datos que falan por sí solos!Chora

Durante 77 días de rexistro, xuntamos na nosa aula uns 491 residuos plásticos, dos cales a metade aproximadamente eran botes

 

Tamén quixemos descatar esta data, reflexionando sobre as cousas que estamos facendo nós ou que podemos facer para coidar o noso medio ambiente. Algunhas ideas que xurdiron:

    

A nivel de centro, creamos unha pequena mostra simbólica, tratando de representar a gran necesidade que ten o planeta terra de protexerse da cantidade de plásticos, non aguanta máis e pide axuda a todos e cada un de nós; "DESPLASTIFÍCAME"

   

E quixemos xuntarnos todo o colexio arredor do colector amarelo e, unir as nosas voces dun xeito simbólico, para pedir que coidemos o noso medio ambiente  e non xeremos tanto plástico dun só uso; o planeta precisa de todas e todos.Guiño

  



page | by Dr. Radut