Skip to Content

SEMANA DO 2 ao 4 DE NOVEMBRO

Nesta curta semana de inicio do mes de Novembro, seguimos traballando con propostas arredor do outono.

-- Asociar árbores froiteiras co froito correspondente: axúdanos a coñecer e incorporar novo vocabulario

-- Fixemos e degustamos zume de laranxa e de pomelo. Serviunos para descubrir mediante a vista, a froita por dentro, sobre todo, no caso do pomelo que é o máis descoñecido. E tamén para comprobar mediante o gusto, o sabor doce e amargo de dous cítricos (segundo as súas palabras sobre o zume de pomelo; "pica" e a expresión da súa cara así o corraboraba)

 

-- Traballo cos nomes:

   * cantas letras o meu nome?. Axudados de paus e das tarxetas cos nomes, colocaban enriba tantos paus como letras en cada caso

 

   * Traspando a cantidade de paus á serie numérica, descubrimos o número de letras e cal era o cardinal correspondente

 

   * agrupamos os que tiñan igual nº de letras

-- Proposta a partir do cadro de  Giuseppe Arcimboldo, "otoño". Foise visionando o cadro comezando pola parte superior, descubrindo pouco a pouco, e as crianzas ían comentando que se observaba, ata que finalmente dixeron que era un señor con froitas, e que era ese titulo era debido a que usaba froitos de outono.

Posteriormente cada crianza, a partir do seu retrato , fixo unha montaxe, imitando a técnica de Arcimboldo. Certamente están creando verdadeiras obras de arte, como artistas que son!!! Sorriso

 

-- Sesión de psicomotricidade: dado que ainda non fixemos o magosto, andivemos xogando a encestar castañas, para logo facer reconto de cantas conseguiran encestar entre tod@s? E tamén fixemos un pequeno recorrido para ir coñecendo as posibilidades do noso corpo, aproveitando a traballar as nocións "por debaixo de- por enriba de".

 

 

Traballazo en equipoSorrisoSorriso

-- Coidado da nosa contorna: aproveitando o bo tempo, andivemos rastrillando as follas caídas do noso parque-areeiro e levando ao noso composteiro

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut