Skip to Content

SEMENTAR SEMENTAREI

Xa pasou a Candeloria, polo que hai que comezar a facer as sementeiras das verduras e hortalizas que logo queremos plantar no noso horto, que xa está a piques de iniciar a súa montaxe.Sorriso

Un grupo de infantil, coa axuda ademais de Sarai e Silvia, dúas rapazas en prácticas no departamento de orientación, comezou a facer a sementeiras de varias hortalizas: leituga rizada, lentellas, fabas, chícharos, pementos de Padrón, tomates, espinacas, porros, repolo de cores, e tamén pipas de xirasol.

Tamén aproveitamos a reutilizar materiais usando: botes de iogur, macetas usadas e oveiras para facer as sementeiras

  

   


As sementeiras xa están feitas, agora toca agardar e vixiar o seu xerminar!!!

Non quixemos esquecernos que tamén é moi importante repoblar os montes con novas árbores, para contribuir ao coidado da nosa contorna natural, polo que plantamos castañas e landras; esperamos que xerminen e logo buscarlles un lugar no patio do colexio ou na carballeira colindante

E tamén probamos a xeminar as sementes dunha mazá, aproveitamos a froita da merenda dunha crianza:

1- Quitamos as pipas, deixámolas a abrandar en auga,

2- quitámoslle a cáscara exterior, que é máis dura, para favorecer a xerminación dun xeito máis rápido,

3- humedecemos un papel, introducímolas dentro do mesmo e

4- gardámolas nun taper frente á ventá. 

    

 

Agora toca esperar a ver se o proceso chega ao seu fin!!

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut