Skip to Content

23 DE ABRIL- ARREDOR DOS CONTOS CLÁSICOS

 Como cada 23 de ABRIL, conmemoramos o DÍA DO LIBRO, esta data tan significativa polo que supón un libro no proceso de aprendizaxe e formación das crianzas. 

    "SE PENSAS CHEGAR A ALGUNHA PARTE NA VIDA, TES QUE LER MOITOS LIBROS". ROALD DAHL

 

A nosa mascota da biblioteca, ROKI, enviou unha carta e unhas propostas como suxerencias de actividades ás aulas, co propósito de traballar sobre os contos clásicos. Polo que cada titoría podía escoller como abordar e traballar a proposta; cambiando os finais, reelaborando as historias, misturando personaxes, facendo adaptacións, inventando novas versións,...

Dende a biblioteca se fixo unha exposición de contos clásicos para facilitar o seu uso e manexo

 

- Propúxose un CONCURSO DE DESEÑO DE PORTADAS de contos clásicos favoritos, onde @s gañadores levarían un pequeno obsequio polo seu bo facer, a súa creatividade e presentación. 

 

E por suposto, tod@s merecen que o seu traballo sexa valorado, dado a coñecer e poida ser visto pol@s demais compañeir@s do centro, polo que se fixo unha  EXPOSICIÓN con todas as PORTADAS DESEÑADAS  

 

 

  

 

- O Colexio participou da proposta do concello que consistía na elaboración de marcapáxinas de temática libre, de entre os cales se escollería un que dito organismo empregaría para agasallar polo día do libro.

Dende o centro aproveitamos esa actividade e fíxose unha escolla dun marcapáxinas por cada ciclo, que logo se imprimiron para todo o alumnado, profesorado e persoal da cociña e repartidos o propio día 23 de abril

Así de chulos foron os marcapáxinas seleccionados e repartidos en cada ciclo!!!Sorriso

 

- Dende as aulas, leváronse a cabo diferentes propostas de traballo:

  * Elaboración de contos propios, con versións novas ou reelaboradas dos contos clásicos por alumnado de 3º

  

     E algúns quixeron facer de contacontos e, compartir e  contar o seu conto ao alumnado de infantil, que escoitaron moi atent@s

    Ver máis fotos clicando aquí

 

 * alumna Daniela de 3º comparte a súa historia reinventada  (ver adxuntos)

 

 * Proposta dende a área de lingua inglesa; alumnado do 2º ciclo, traduciron títulos de clásicos e puxeron voz a pequenas intervencións de personaxes nas distintas historias

https://artistteo.blogspot.com/2021/04/dia-internacional-do-libro.html

 

* Outros contos elaborados por alumnado de 4º, dentro das actividades da aula (verse no documento adxunto)

 

* Elaboración de PORTADAS cos seus respectivos contos inventados, que nos mostran o alumnado de 4º primaria

 

   * Análise e recollida das diferencias entre as versións lidas do conto de "Caperucita Roja", por alumnado de 5º de infantil

CONTO INVENTADO POLO ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL B

A Cabrapuchiña Rosa

 

 

  

AnexoTamaño
contos clasicos 4 b- inventados-modificados.pdf7.85 MB
Daniela Rioboó- 3º- conto inventado.pdf531.08 KB


page | by Dr. Radut