Skip to Content

SONIA DELAUNAY

SONIA DELAUNAY. Arte, deseño e moda.

No 1º trimestre comezamos esta viaxe ao redor dunha grande artista que nos atrapou desde o primeiro momento polas súas pinturas e deseños de fortes cores de figuras xeométricas cheas de luz, onde o círculo é o  protagonista. Tanto é así que nos inspirou para facer distintas propostas artísticas e nesas seguimos.

Coma sempre, o primeiro que fixemos foi adentrarnos e coñecer a súa obra que ademais de pintura, consta de deseños de teas e  vestiario, e mesmo decoración de interiorismo.

Se queredes saber máis da xenial  e polifacética Sonia Delaunay, premede sobre o seu nome. Entrando no seu autorretrato podedes acceder a ver parte da súa obra.

 

PROPOSTA CON CÍRCULOS

Circulos e máis círculos. Figura clave con outras xeométricas na obra de Sonia que nos permite comprender moito mellor o que nos arrodea e achegarnos á xeometría e o razonamento espacial. 

Fixemos composicións grupais de círculos, na súa maioría concéntricos. Presentámolos  en catolina grande sobre fondos variados e previamente cos obxectos de base circular, que nos serviron para facer a contorna, realizamos pequenas instalacións sobre a mesa de luz.

Velaquí os resultados. Clicade na imaxe ou aquí.

BROCHES. PRODUTO FINAL CO CÍRCULO.Despois da proposta anterior, compría que o noso traballo se refletira nun produto final e non se nos ocorreu nada mellor que un broche persoal para que nos quedase para alardear. Clica aquí ou na imaxe para ver o proceso e os resultados.


 

 

 

 

 

 

INSPIRÁNDONOS EN SONIA!

Seguimos atrapadas e atrapados polas súas cores, e pola súa produción e atrevémonos a facer as nosas propias. Porque vendo a súa obra, só dá gana de poñerse a debuxar! Aquí vos quedan os nosos modestos borradores inspirados nela. Clicade aquí ou na foto.

SONIA SÉGUENOS A INSPIRAR.

Agora, producimos libremente con témpera e en cabalete pero sen deixar de tela presente. Aquí tedes parte do resultado. Xa sabedes, sobre a foto ou aquí podédelo ver.

 

 

 

 

 

 

 

MARCAPÁXINAS AO ESTILO DELAUNAY

Inspiradas e inspirados na pintura destes deseños textiles, que a nós nos lembraron a marcapáxinas, decidimos facer cadanseu. Premede aquí ou na fotografía dos de Sonia, para ver as nosas colororidas producións.

 DESEÑOS GRÁFICOS ORFISTAS PARA AS NOSAS ROUPAS

Seguindo a corrente artística, impulsada por Sonia e o seu home Robert,iniciamos a nosa andaina como creadores e creadoras textiles, comezando por realizar os deseños gráficos da nosa propia vestimenta. 

Preme aquí para ver que orixinais e distintos quedaron.

 EU ADORO A SONIA!

Logo dos nosos deseños en papel, decidimos pasar á intervención e vestímonos de gala, homenaxeando á nosa artista de inspiración. Como non podía ser menos, festexámolo cunha foto nun photocall.

Podedes ver as distintas imaxes por aulas. Mirade que guapísimas e guapísimos quedamos e que ben o pasamos! 

AULA DE 5 A ANOS A

AULA DE 4.5 ANOS B

AULA DE 4 ANOS A

AULA DE 3 ANOS A

AULA DE 3 ANOS B

 

 MANDALAS SIMULTANEÍSTAS

De novo, volvemos beber do inspirador taballo de Sonia, que xunto co seu home Robert creou o movemento simultaneísta, e fixemos mandalas de moitas cores como elementos decorativos. Fixádemos como quedaron aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

INTERVIMOS NA SÚA OBRA

A estas alturas, completamente familiarizados coa obra de Sonis Delaunay, atrevémonos a intervir directamente na súa producción. En 4 e 5 anos, partindo dun frarmento dunha pintura continuamos á nosa maneira como pensabamos que ela podía seguir. Os nenos e nenas de tres, coloreamos copias dos seus cadros en branco e negro, imaxinando as cores orixinais.

Mirade os resultados. Clicade aquí ou na imaxe.

OS NOSOS NOMES AO ESTILO DELAUNAY

Fixemos estas cartelas cos nosos nomes, inspirándonos nas atraíntes pinturas de Sonia e así de coloridos quedaron. Clicla aquí ou na foto.



publicar | by Dr. Radut