Skip to Content

Actividades

Que está ocorrendo na biblio?

 

Traballo en equipo na biblioteca para que se converta nun espazo para todos e todas, acolledor e cheo de encanto.

Moi pronto ensinarémosvos os dous retos nos que estamos traballando.

 Aquí tedes un pequeno adianto.

 

 

 

A nosa conta contos da semana é...Nuria

Como cada xoves, na biblio hai sesión de conta contos.

Descubre o conto Malena Ballena, da man de Nuria.

 

Colaboradoras e colaboradores da biblioteca

Un gran equipo para axudar nunha gran biblio!

Preme na imaxe para coñecelos

Unha eiruga moi larpeira

Ui, que dor de barriga!!

Na aula de 3 anos coñecimos a unha eiruga moi larpeira que comeu demasiado e, claro....púxose moi maliña!

Como sabemos o que lle pasou? Contáronnolo os nenas e as nenas de quinto de primaria!

Mirade aquí

 

Deixa voar a túa imaxinación. Le

Saíronnos ás de tanto ler. Si, si, mira aquí e veralo

A biblioteca no tempo de lecer

 

Queres saber que actividades ofrece a biblioteca no tempo de lecer?

Preme aquí e descubriralo!

 

 

 

 

 

 

Conta contos de medo

Samaín e Halloween tamén estiveron presentes na biblioteca do cole, preme na imaxe para descubrir algo máis! Uuuuhh!

Unha comida terrorífica

...o Samaín chegou ata a cociña do cole!!

Estas 3 bruxiñas sorprendéronnos cun menú de meeeedo. Parabéns polo voso traballo!!

 

 

Samaín 2019

Durante estes días o cole transformouse para festexar o Samaín...profundizamos sobre a emoción do medo, elaboramos portas terroríficas, personaxes de susto, e unha exposición de cabazas!!

Unha vez máis, graciñas a todas as familias por aportarnos estas cabazas tan xeniais!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Conmemorando o día das Bibliotecas Escolares

24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares.
Para nós, a biblioteca é un espazo moi importante no que pasaremos moito tempo, xa que é idóneo para adquirir novas aprendizaxes.
O xoves coñecemos a súa nova organización, o decálogo de normas para o seu funcionamento, as actividades que se realizarán no recreo (lectura, xogos, curtametraxes,  contacontos, bibliopatio…). Dende o luns, os colaboradores durante os recreos axudarán a un mellor funcionamento da biblioteca.
Entre todo o alumnado do centro, elaboramos un mural que leva por título “Deixa voar a túa imaxinación. Le”. Un mural que se compón de moitas plumas con mensaxes moi significativas: eu leo para soñar, eu leo para aprender…
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca. 
Distribuir contido


by Dr. Radut