Skip to Content

Actividades

Recitamos a Rosalía

Os máis peques do cole recitan a Rosalía!

Estade moooooi atentos.

 

Día de Rosalía

Queredes aprender un pouco máis sobre Rosalía de Castro?

Na biblio temos unha exposición moi chula con libros desta autora para conmemorar o seu día, graciñas ás familias pola súa colaboración!!

Ademais podedes ver dous genially que elaborou a profe María, seguro que o pasades xenial!

 

 

 

Novo aspecto da biblioteca

As familias do cole achéganse a ver o novo aspecto e recursos da biblio.

Aínda non te achegaches? Non agardes máis.

Daia está desexando recibirvos... mirade no vídeo o contenta que está neste novo espazo!

 

Mes da ciencia

Unha manchea de datos curiosos e moita ciencia pasaron hoxe pola nosa biblio!

Canto nos sorprendemos e canto aprendemos!

Mirade, mirade...

De estrea!

Comezamos a desfrutar dos novos espazos e recursos da nosa biblio!

Canto nos gusta!!!

En proceso...

Este curso a biblio muda de aspecto, velaquí nos tedes mans a obra!

 

 

 

 

 

 


Ana Meilán

 Graciñas, Ana Meilán, por viaxar connosco durante toda a mañá con esa maleta cargada de contos que tiñas para nós e por axudarnos a descubrir e crear bonitas historias!

Visita

No día de hoxe, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria coñeceu á escritora María Xesús Blanco. Despois de ter lido "O caderno de Rosalía", foi todo un pracer poder contar no cole coa autora do libro que respostou encantada a todas as nosas curiosidades.

Graciñas por vir!

Comeza un novo curso na biblio

...e comezamos con moitas ganas e forza!

Semella que algo se anda argallando por aquí, que será?

Estade atentos!

 

A arte no mundo

Durante o terceiro trimestre deste curso, o alumnado de 5º de Educación Infantil e de 6ºB de Educación Primaria viaxaron arredor do mundo para coñecer distintas obras e artistas... queredes saber algo máis? Premede enriba de cada cadro e veredes cantas cousas curiosas vos contan!

Comeza a viaxe...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut