Skip to Content

Actividades

Un novo conto, unha nova vivencia

Laura foi  a protagonista desta semana na sesión de conta contos, co rato e o león…Descubride o que pasou neste enlace.

Biblio patio

Os máis peques do cole tiveron unha sorpresa enorme na hora do recreo!! Tiñan a biblio no patio...que si, que si! Preme na imaxe para saber máis! 

25N

Durante o día de hoxe, xuntámonos na biblio para visionar #asbravasdepalas e o vídeo realizado por diferentes centros escolares, principalmente da provincia de Lugo, onde se reivindica a erradicación da violencia de xénero, no que nós tamén participamos #equaliter2019

Pola tarde, contamos coa presenza de Alfonso no escenario que, estando moi ben acompañado, fíxonos desfrutar coas súas historias. Graciñas!!!

#asbravasdepalas

Para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero quixemos poñer en valor a forza das mulleres.

O alumnado recolleu as súas ideas e as nais, avoas, mestras, amigas,...do noso entorno póñenlle voz e imaxe.

Non podemos estar máis agradecidos!!

CodeWeek

O CEIP Palas de Rei xa figura no mapa da CodeWeek. Descubride máis sobre isto no enlace. Gustaravos!!

 

O polo Pepe

O alumnado de 3 anos preparou con moita ilusión o conto o polo Pepe para contarllo ao alumnado de 5º de primaria na mañá do pasado venres. Unha gran sorpresa para os nenos e nenas de 5º. Non perdades detalle no seguinte enlace.

 

As irmáns Mirabal, un exemplo para todos

O día 25 de novembro conmemórase o día da non violencia en honra ás irmáns Mirabal. Hoxe foi o momento de saber máis sobre elas.

Gracias  a Yélida polo vídeo que nos deixou.

O lapis máxico de Malala

Na sesión de conta contos de hoxe a protagonista foi Antía.

Descubride máis sobre o acontecido na maña de hoxe.

Novembro, mes da ciencia en Galego nas bibliotecas

 

Durante este mes de novembro a ciencia está moi presente na biblioteca: recuncho de libros científicos, vídeos sobre experimentos no tempo de lecer...

 

Descubride o que acontece na biblioteca.

 

Apadriñamentos lectores do alumnado do IES do Camiño a infantil

Hoxe tivemos no centro uns invitados de luxo. Alumnado do IES do Camiño preparou unha sesión de conta contos para deleitar aos máis peques do cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut