Skip to Content

Actividades

A eiruga larpeira

Antón contounos o conto a eiruga larpeira este pasado xoves…Fíxoo empregando un recurso diferente e motivador, a mesa de luz.

Queredes saber como? Preme no enlace.

Este nadal Daia recomenda...

É tempo de nadal e Daia achéganos as súas recomendacións lectoras. Para ela, o nadal é un tempo ideal para ler un libro, para regalalo ou incluso para pedirllo aos reis.

Por todo isto, a mascota da nosa biblio déixanos uns conselliños. 

Tempo de Nadal na biblio

Como se prepara a biblio para o Nadal? Botade unha ollada.

Estreamos caixa de suxestións na biblioteca

Seguro que tes algunha idea para axudar a conseguir unha biblioteca que se adapte a todas e a todos. Non a deixes pasar e escribe a túa proposta na caixa de suxestións. 

Xoves, día de conta contos

Coñeces o conto Animaladas? Arón García coñéceo á perfección.

Hoxe escoitámolo moi atentos no tempo de lecer.

 

Xogos para o tempo de lecer

Coñeces o dobble? E o virus?

Queres saber como se xoga? Preme no seguinte enlace.  

A que sabe a lúa?

 

Lucía Barreiro contounos o conto a que sabe a lúa?  

Vós sabédelo.

A biblio patio ilusiona no tempo de lecer

O día que sae a biblio patio é dos máis esperados polo noso alumnado; algúns porque len contos, outros porque os escoitan…

Non vos perdades as caras e reaccións das nenas e dos nenos.

Dis...Capacidade

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Queres saber as actividades que se fixeron no centro? Preme no seguinte enlace.

Experimentanto coa ciencia

Queres descubrir unha morea de experimentos científicos? Non perdas detalle no seguinte vídeo, onde se resume a xuntanza que fixemos o pasado xoves na biblioteca, nunha actividade enmarcada dentro do mes da ciencia en galego na biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut