Skip to Content

Actividades

Día da paz

 Conmemoramos o Día da Paz creando este mural tras a lectura e reflexión do conto "Wonder". 

 O protagonista síntese único... e nós tamén! Así o deixaron reflexado as nenas e os nenos do cole.

Con Wonder, aprendemos a sentirnos únicos e especiais, porque nós non podemos cambiar o noso aspecto. Mais igual, a xente si pode cambiar a súa maneira de ver as cousas.

Toda unha lección de vida e de respecto.

Neste Día da paz tamén xuntamos as nosas mans creando unha "aldea de paz" e bailando a ritmo de Pablo Díaz.

 
Neste vídeo podes vernos bailando!

 

Lectura e familia

Escoita Radio Cole Palas

Queres estar ao día dos programas de radio que realizamos no cole?

Subscríbite ao programa da radio do curso 2022-23

Para ir comezando deixámosvos a benvida para este curso realizada polo alumnado de 6º de educación primaria

Sesión de cine

A biblio transformouse nunha sala de cine... con palomitas incluídas!

Unha curtametraxe de medo para este último día de Samaín.

Repetiremos!

 

Escape room Samaín

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun escape room na biblio, onde tiveron que superar diferentes probas. Serían capaces de completar a misión?

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade e pensar na nosa biblio realizala, quedou de meeeedo!


Contos de medo

Últimas sesións de contacontos deste Samaín!

Canto nos gusta escoitar ás nosas familias e cantas sorpresas nos trouxeron!

Grazas a moreas a todas as participantes! Agardámosvos para a seguinte.

Dende aquí podes ver fotos dos contacontos de todos os grupos.

Historias do Samaín

Seguimos coa semana de contos terroríficos na biblio!

Grazas á nosa cociñeira Ana, a Marta, a Monse e aos seus axudantes Chloe, Adri, Paula e Dani por compartir con nós as vosas  fantásticas historias.

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Día das bibliotecas escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas! E non se nos ocurriu mellor forma de celebralo que mesturalo con Samaín e Halloween, e gozar de contacontos durante toda a semana na  nosa biblio.

Grazas a Susana, Carmen e Lucía por contarnos historias chulísimas!

Dende aquí podedes ver máis imaxes!

 

Na biblio

Mañas de construción e xadrez na biblio.

Anxo Moure

En bicicleta chegou ao cole Anxo Moure para engaiolarnos cos seus contiños a meniñas e meniños.

Graciñas!

Distribuir contido


by Dr. Radut