Skip to Content

Actividades

Letras Galegas

Coñecemos a figura de Xela Arias e plasmámola neste mural colaborativo.

Podedes seguir aprendendo máis na web do Seminario Galán ou na de A primavera das Letras.

 

«Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai»

XELA ARIAS CASTAÑO

Día do libro 2021

 Nunha data tan especial quixemos crear e ilustrar os nosos propios contos. Organizámonos de dúas en dúas aulas e inventamos historias cheas de emocións.

 Preme na imaxe para poder lelas, nos as podedes perder!

 

O libro dos porcos

Seguimos camiñando en prol da igualdade de dereitos entre homes e mulleres...este 8M facémolo a través da lectura, reflexión e recreación do conto "O libro dos porcos" no que participaron todas as aulas do centro. 

Seguide lendo para coñecer a historia da familia Porcón

Día de Rosalía

Rosalía de Castro achegouse ata a árbore da biblio guiada por unhas voces que recitaban os seus poemas.

Queredes oilas?

 

Día das bibliotecas escolares

Conmemoramos o Día das bibliotecas escolares recreando as portadas dos nosos contos preferidos.

 

Estamos de volta!

Arranca o curso e a biblio do cole volve abrir as súas portas, que ganas tiñamos de ver este espazo cheo de vida de novo.

Non perdades ollo, pronto teredes noticias.

Imaxe: Leandro Lamas

A nosa biblio

 

Así de chula está a nosa biblio, agardando que volvamos!

Visita o blog

Durante o tempo de confinamento no esquezades visitar o blog da biblio onde atoparedes:

martes - xogo

mércores - curta

xoves - conto

Unha nova estrela

A estrela de Rosalía de Castro brila tamén no ceo da nosa biblio!

Un exemplo de muller loidora e traballadora!

Preme aquí para ver como conmemoramos o Día de Rosalía e da Muller Traballadora no cole.

Xoves, día de conto

“La preocupación de Lucía” foi o conto escollido por Iria este pasado xoves para acompañarnos durante o tempo de lecer. 

Preme na imaxe para ver un vídeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut