O alumnado de 2º de Ed. Primaria participou no concurso de animación á lectura que, cunha metodoloxía lúdica, pretende avaliar os resultados da lectura realizada no mes de outubro durante a Hora de ler.
O título traballado nesta ocasión foi "¿Quién recoge las cacas del perro?" de Ricardo Alcántara e Gusti e publicado por Edelvives.
"Pablo e seu pai queren ter un can, pero non están dispostos a limpar as súas cacas. Terán que elixir entre a responsabilidade ou a indiferenza do animal."
Os membros do equipo gañador recibiu como agasallo un exemplar do próximo libro que traballaremos: "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas.
Como en anos anteriores, todo o centro realiza a Hora de ler ao mesmo tempo nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma.
Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2016/2017, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón:
Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:
Leváronse a cabo as seguinte actividades, varias das cales sería interesante continuar no seguinte curso académico.
Tal e como se programou no PAL, no 1º trimestre traballamos cos libros da colección bilingüe “Clara Secret”, Ed. Macmillan.
No 2º trimestre intentei cambiar a metodoloxía empregada no 1º trimestre e así, conseguir unha maior implicación dos alumn@s, empregando a poesía.
Aproveitando a conmemoración do centenario do nacimento de Gloria Fuertes, limos poesía da colección “Lee con Gloria Fuertes”, Ed. Susaeta. https://www.youtube.com/watch?v=XAzIrJC2yCk&feature=youtu.be
O sistema da hora de ler foi o seguinte:
No 3º trimestre:
Ao final, acadáronse os obxectivos do proxecto lector neste nivel, mediante unha metodoloxía participativa.
Os títulos lidos no Tempo de Ler, durante o curso 2016/2017, na aula de 3º de Ed. Primaria foron os seguintes:
Como paso previo á lectura de cada libro ou poesía, falouse sobre o autor ou autora, e sobre os ilustradores; tamén sobre o mesmo libro, de tal xeito que o alumnado iniciaba a lectura cunha mínima base do que ía ler.
Antes da lectura de cada libro, fixeron cadansúa ficha que quedou arquivada no arquivo de lectura da clase.
Unha vez rematado o libro, cada alumno e alumna fixo a súa valoración persoal cubrindo a fichiña “Tempo de Ler tempo de Lecer”.
Despois da lectura de cada libro, o alumnado escolleu aquel capítulo que máis lle agradou e elaborou un debuxo que resumía ese capítulo. Unha vez unidos todos confeccionouse unha adaptación do libro acabado de ler.
As poesías transcribíronse e ilustráronse.
O alumnado, elaborou dous contos, en lingua galega, para seren lidos na aula de infantil. Formando dous grupos, cada un ideou unha historia que logo lle deron forma, plasmárona en papel multicolor con ilustracións que eles mesmos imaxinaron e adornaron con recortes superpostos e pegados a modo de pestanas, diálogos en bocadillos,… Os títulos son:
Ao longo do vindeiro curso levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de segundo de Primaria.
Vinte minutos diarios, recollidos no horario de aula, adicámolos especificamente ao tempo de lectura.
Os libros que traballamos neste curso 2076 /17:
ACTIVIDADES
Neste curso 2016-2017, e dentro da hora de ler, o alumnado de 1º curso de Primaria realizarou, entre outras, as seguintes actividades:
Unha das actividades que prepararon nesta hora foi o obra de teatro de monicreques titulada: "O outono da árbore cascarrabias" e que representaron ba biblioteca para todo o cole.
A mestre de Audición e linguaxe tamén se realizarosn as seguintes actividades:
Durante a Hora de ler, ao longo do curso o alumnado realizou lecturas sobre libros que eles mesmos escolleron na biblioteca para favorecer a lectura en tempo de lecer.
Das actividades, realizadas durante a Hora de ler, destacamos as seguintes nas que traballamos con distintas ferramentas da web 2.0 empregando novas metodoloxías onde o alumnado era o verdadeiro artífice do seu propio aprendizaxe:
Asemade, tamén pescudamos información sobre os seguintes temas que reflectimos nas seguintes presentacións de Google:
No tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado de 6º de Educación Infantil, ademais de traballar programado para esta hora, realizou as seguintes actividades promovidades desde a biblioteca e que lles resultaron moi atractivas:
Este curso, os nenos de cuarto e quinto de Educación Infantil realizaron unha serie de actividades na hora de ler que resultaron ser de moito proveito e moi divertidas.
No primeiro trimestre aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.
Comezamos cunha colección "Cuentos para portarse bien " editorial CCS. Primeiro contábaselles o conto, despois facíanse unhas preguntas moi sinxelas e, por último, eles facían debuxos sobre os contos. Algúns como "El pulpito Moradito", "La osa Rosa" , "El ratón Antón"... gustáronlle moito.
Traballamos a colección "En familia" que nos recordan canto nos queren e canto lles queren. Entre outros debuxos quedou moi bonito o que fixeron coa súa nai.
Tamén se traballou con contos clásicos: La ratita presumida, Hanssell y Gretell , Ricitos de Oro... disfrutáronos moito facendo debuxos de cada un deles.
Representaron en teatro de monicreques "Os tres porquiños" e "Carapuchiña vermella".
O día do libro, na biblioteca, contaron a todos os nenos e nenas do colexio o conto "A que sabe la luna" e fixérono cada un en cartolina e levárono a casa para contarllo a súa familia.
Memorizaron e recitaron poesías o día da inauguración da biblioteca e o día da poesía.
O alumnado de 6º curso elaborou un programa de radio, ao longo do mes de maio, con motivo das Letras Galegas. Nel tiveron o previlexio de entrevistar a Carlos Casares, escritor ourensán homenaxeado este ano.
Os meteorólogos do Sueiro facilitaron os datos da súa estación metereolóxica para dar as novas do tempo no programa.
Na seguinte ligazón tedes acceso ao podcast integro do programa: