Hora de ler

O meu libro favorito é...

O alumnado de apoio, na Hora de ler, durante a semana do Día do libro, completou o mural da Primavera con bolboretas que dan a coñecer cales son os seus libros favoritos...

 Galería de imaxes

Empregando códigos QR

O alumnado de 4º Ed. Primaria traballou na Hora de Ler con códigos QR:

Ampliar 

Pescudando con códigos QR.

Ampliar 

Exemplos de QR:

Día da árbore

Ao longo da semana do 20 ao 24 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 6º de Ed. Primaria participou na III Semana Escolar da Árbore e da Auga que promoveu a Deputación de Ourense.

Durante toda a semana, na hora de ler, traballamos o conto de "O amor eterno de Rozabales" e realizamos tres murais sobre a árbore e o conto, onde o protagonistas foron os castiñeiros.

O último día, o alumnado participou na plantación dun castiñeiro, no patio do cole, ao que bautizamos co nome de "Croqueiro" despois dunha axustada victoria entre máis dunha ducia de nomes candidatos.

Para rematar, entonamos o Himno de Ourense de Manuel de Dios.

 Himno de Ourense

O cociñeiro Martiño

O 27 de xaneiro visitounos o cociñeiro Martiño (Iago López) para contarnos historias da cociña do palacio real. Nel, andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa...

...os alumnos e alumnas do noso cole axudaron ao cociñeiro Martiño a buscar os ingredientes para preparar ese gran biscoito...

...ao final, conseguírono!!

Soldadiños de latón (TINPLATE SOLDIERS)

Os nen@s de 6º EP seguimos ás voltas sobre a terrible situación que continúan a vivir todos os refuxiados. Se o curso pasado reflexionamos sobre o tema a través do conto “La pequeña Carlota”, facilitado por ACNUR, este curso, acompañamos a todos eles na súa penosa viaxe grazas á curtametraxe “Soldaditos de latón”.

Pertencemos á rede do proxecto “Aulacorto” promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que intenta achegar aos nen@s ao mundo da curtametraxe. Permítenos mediante o cinema, achegarnos á realidade que, por desgracia, seguen a sofrir milleiros de persoas.

Pero, como os nen@s da curta, sorriamos ante un futuro incerto aínda que cheo de esperanza.

Saímos na Revista EDUGA deste trimestre (Nº 72)

Parte do traballo desenvolvido na Hora de ler deste curso, no noso cole, sae reflectido na prestixiosa Revista Galega de Educación deste trimestre (Nº 72) que edita a Consellería de Cultura, Educación e OU, cunha nova titulada "Iniciándonos nun PDI por medio de webquest". Dito artigo podémolo atopar no apartado de Innovación educativa.

Moitos parabéns para todos os participantes!!

 

A lenda da Lagoa de Antela

O alumnado de cuarto curso de educación primaria realizou unha Caza do Tesouro (entrar como convidado dúas veces para acceder) sobre a Lenda da Lagoa de Antela que traballou durante a Hora de ler. Como produto final realizou un cartaz con realidade aumentada.

Facédevos seguidores da conta de Aurasma do cole abrindo o código QR co móbil ou tablet e poderedes ver o que esconden os seus cartaces:

 GALERÍA DE IMAXES DA ACTIVIDADE

AUDIO GRAVADO PARA A REALIDADE AUMENTADA

A miña avoa é total

Mi abuela es totalDispostas, xoguetonas, divertidas, cheas de paciencia e de sabedoría?

As avoas son unha continuación das mamás e dos papás, son un gran apoio en todo e para todo e adórannos sempre!!!

Avoa é un nome redondo, grande e fermoso, como a persoa que o leva. Avoa son xogos e risas e comidas ricas. Avoa é sentir calorciño e amor. E tardes contando historias interminables, lendo contos, cantando panxoliñas ou facendo biscoitos. Avoa é durmir xuntiños e facer manualidades e pintar debuxos expresionistas a papá e mamá.

Porque elas son capaces de sacar a forza dun león cando quererían botar unha cabezadiña, de darvos a comida cando aos demais acabóuselles a paciencia, de atopar o xoguete que máis vos gusta aínda que haxa que percorrer unha cidade enteira. Por amor a ese ser pequeniño, que a converte a ela tamén nun pouco nena, son capaces de todo.

A familia pode ser marabillosa na miña AVOA É TOTAL.

Na seguinte galería de imaxes observaredes como o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil percibe ás súas avoas

O mellor lugar do mundo

Que debuxarías se o teu profe che pedise que debuxaras o mellor lugar do mundo?

A protagonista desta historia está preocupada pois non sabe que debuxar, sen embargo ve como todos os seus compañeiros si o saben. Así que non lle queda máis remedio que pensar e pensar nelo…  E pensando, pensando, de repente teno moi claro: debuxará sen dúbida o mellor lugar do mundo para ela, pero cal será ese sitio?

Porque, quen dixo que as relacións familiares non son marabillosas?

Este libro axúdanos a recordar Canto nos quere a nosa familia!  e  Canto lles queremos nós!

Na galería de imaxes están recollidos os debuxos que realizou sobre esta lectura o alumnado de 6º de Ed. Infantil na "Hora de ler".

O mellor lugar do mundo

Distribuir contido