Skip to Content

Actividades, Proxecto, Letras Galegas, Escritores, Recursos

Photocall do magosto

Preme na imaxe para ver a galería do potocall do magosto

 

Celebración do magosto 2020

O martes 10 de novembro celebramos no noso cole a festa do magosto dun xeito distinto ao de anos anteriores debido ás esixencias que nos impón o protocolo COVID.

O alumnado de 6º volveu a agasallarnos cun contacontos sobre a historia de "A castaña que rebentou de risa" da que tivo que realizar tres pases para dar cumprimento as medidas de seguridade na sala de usos múltiples.

Unha vez rematada a representación do contacontos realizamos un photocall sobre o magosto no que participou todo o alumnado do centro.

Posteriorme, saímos ao patio a degustar unha merenda magosteira na que o protagonismo foi asumido polos boliños preñados de chourizo. Nesta ocasión as castañas foron as grandes ausentes ao faltarnos o fogueiro maior do cole.

Unha vez rematada a degustación das viandas, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria recitounos varias coplas da antoloxía poética que realizaron ao longo da semana, nas súas clases, nun obradoiro de escritura.

Como colofón á celebración desta festa, realizamos catro coreografías musicais: dúas de ritmo e dúas de baile, iso si, gardando as distancias de seguridade establecidas.

COPLAS DO MAGOSTO

COPLAS DO MAGOSTO DE 4º Ed. PRIMARIA

We Will Rock You

PANTEIRA ROSA

MAGOSTO 13 LÚAS

CHUCHUWA

Recursos educativos


MÁIS RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE CARVALHO CALERO


 

Ricardo Carvalho Calero (2020)

Imaxe orixinal de Carlos Rodríguez (Seminario Galán)Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo.

Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade.

Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas...

Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color...

En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.

É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega.

Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa.

Faleceu en Compostela no ano 1990.

Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras.

(Recuperado de Seminario Galán)

(Imaxe orixinal de Carlos Rodríguez)

VER RECURSOS EDUCATIVOS

Viaxe á Guarda

O 12 de xuño todo o alumnado do centro viaxou á Guarda para coñecer unha das vilas galegas con máis pegada histórica.

A viaxe fixémola en autobús. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño.

En primeiro lugar visitamos o castro de Santa Trega, é un castro galaico , sitio arqueolóxico que se atopa na contorna do monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, un lugar privilexiado dende o que se domina toda a desembocadura do Miño. Pertenence á cultura castrexa, e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. 

No castro aprendemos a facer pegadas prehistóricas e lume con pedras, visitamos a citania para ver como eran as vivendas dos castrexos e coñecemos os diferentes tipos de construccións que realizaban.

A subida e a baixada foi TERRORÍFICA!

Comemos na praia de Camposancos, no Muiño, debaixo dun estupendo e fresquiño pinar, comemos a toda presa xa que despois tocaba ir a PRAIA, VIVA!

Na praia houbo baños, carreiras, paseantes, e vixiantes, e todos pasamos un momento estupendo.

Ao rematar na praia, voltamos a casa a descansar.

Kahoot sobre Antón Fraguas

Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:

  • Visionado do vídeo da súa vida e obra realizado polos compañeiros do CPR Sa Pío X.
  • Representación da obra de Antón Fraguas "A pulga e o piollo" polo alumnado de Ed. Infantil.
  • Interpretación polo coro do cole das seguintes cancións:
  • Entrega de agasallos do concurso de fomento do emprego do Galego que organizou o EDL do Centro.

Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":

 

Visita ao supermercado Gadis

O xoves 2 de maio, todo o alumnado e o profesorado do colexio fomos de visita ao supermercado Gadis, participamos dentro do programa alimentes (Alimentes é a aposta educativa, de Aligera tu vida e Gadis), onde se pretende fomentar os hábitos de consumo responsable e alimentación saudable dos máis pequenos a través de materiais didácticos adaptados ao currículo oficial de 2º Ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León e unha visita posterior ao super.

No supermercado explicáronnos as diferentes partes da pirámide de alimentos e fixemos unha ronda polas diferentes seccións do supermercado, a froitería, a panadería, a peixería, ...

Para rematar regaláronnos unhas bolsas ecolóxicas cun almorzo saludable (leite, mazá e auga), e para os que non tomamos leite tiñan almendoas e paramos no parque para descansar e retomar enerxias para o resto da xornada.

Foi estupendo!!!!

Recursos didácticos

Presentación sobre a vida e obra de Antón Fraguas

;

Ver a toda páxina


Máis recursos educativos sobre Antón Fraguas


 

 

 

Antón Fraguas (2019)

"O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.

En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.

En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.

Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999".

(Recuperado de Seminario Galán)


RECURSOS


Distribuir contido


by Dr. Radut