Skip to Content

Ed. infantil

Festa do Entroido 2019

O mes de febreiro é un dos noso preferidos do ano, non só pola cantidade de actividades complementarios que facemos se non pola celebración do Entroido.

Este ano volvemos a traballar no Entroido a temática do proxecto documental integrado que este ano versa sobre “Dinamarca”. Por iso as temáticas escollidas tiñan todas algo que ver con este país: Os viquingos; Os libros de Hans Christian Andersen; A pequena serea; O parruliño feo; O soldadiño de chumbo; as pezas de Lego e a Garda Real danesa.

Previamente ao desfile, o alumnado e profesorado degustou os exquisitos doces que moitas das familias aportaron altruístamente para que colleramos a enerxía suficiente para aguantar a festa.

Desde aquí queremos agradecer a participación das familias na festa do cole e a colaboración prestada.


Vídeos do desfile


O Sabor da aventura está no mar

O 26 de febreiro contamos coa presenza na biblioteca do noso centro dos protagonistas do programa "O sabor da aventura está no maer" que promove a Xunta de Galicia e a Uión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para fomentar o consumo de pescado na nosa dieta alimentaria.

Nesta ocasión, dentro do proxecto "Aliméntate ben" que estamos a desenvolver no noso centro, paricipamos nun obradoiro no que nos foron ensinando as propiedades e características de varios produtos do mar a través de vídeos, contos, xogos e historias divertidas onde os protagonistas eran os superheroes "Os Arroases".

 

Unión Deportiva Ourense

O 21 de febreiro contamos coa presencia do adestrador da UDO, Fernando Currás, e dous dos seus pupilos para dar a coñecer o seu club ao noso alumnado. Esta actividade pertence ao programa da Secretaría Xeral para o Deporte: Xogade  "Xogos galegos deportivos en idade escolar".

A comitiva visiou todas as aulas do noso dentro, departindo, cos potenciais futuros deportistas da UDO, sensacións e experiencias deportivas co fin de promocionar o fútbol base en Ourense.

Ao remate, realizamos unha foto de familia na pista polideportiva do centro.

 

Día de Rosalía

Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web.

Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.

 

 

 

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

O 4 de febreiro visitou a bilioteca do noso centro o escritor Iago López para contarnos a historia de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", libro do que é tamén autor.

"Celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta… as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo".

Coma sempre, pasámolo xenial coas súas historias.

O xinete das árbores: Baño de bosques

O 5 de febreiro visitou a biblioteca do noso centro un home-árbore, un ser humano “boscoso”,  un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que os verán asolan as  terras da montaña, para que as nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras,  para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar.

Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxaron, dun xeito imaxinario, polo corazón de cada un para comprobar que os seus corazones están sans e fortes, como a mascota  CARDIO. no seu peregrinar pola saúde deles.

Con contos, cantigas, xogos, e moita risa rematamos “plantándonos” todas e  todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, refuxio do oxixeno que alimenta o corazón,  transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos nosos bosques.

Premiados no concurso de postais do Colexio de economistas

O alumno de 6º de Ed. Infantil, Tiago Blanco Torreiro, resultou premiado no V concurso de postais do Colexio de economistas de Ourense.

Na web do colexio podedes ver a nova sobre o concurso.

Moitos parabéns para Tiago polo seu traballo!

 

 

Traballando con códigos QR

O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.

Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.

 

A polkadot Christmas

A POLKADOT CHRISTMAS

O mellor xeito de agasallar a YAYOI KUSAMA este nadal é, sen dúbida, facer que os nosos Christmas Trees e os Santa´s hats relozan cheos de polkadots.

Desde as sección bilingües querémosvos desexar en todas as linguas nas que desenvolvemos o noso proxecto,

MERRY CHRISTMAS
メリークリスマス
BO NADAL
FELIZ NAVIDAD

Presentación PDI Infantil

Distribuir contido


by Dr. Radut