Skip to Content

2º Curso

Contacontos Iago de Ed. Xerais

O día 18 de marzo estivo co alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria o contacontos Iago de edicións Xerais.

Relatounos a historia de "Augusta e os seus medos", unha nena que tiña medo a todo, as persoas, aos paxaros, a ir ao parque, as caixas...

No transcurso do conto, os alumnos e alumnas foron partícipes do relato resultando a actividade moi motivadora para eles.

Pasáronno "pipa"!!.

 Preme para ir á galería de imaxes

OBRADOIRO DO DÍA DA PAZ "A PRINCESA LIWAYWAY"

Os alumnos de 2º de Primaria fixemos un obradoiro do conto "A PRINCESA LIWAYWAY",  no que traballamos valores coma aamizade, a colaboración, o respecto, axuda aos demais, o esforzo,... Contamos a historia na clase e entre todos fomos dicindo o que máis nos chamou a atención da mesma; a continuación plasmamos nun mural o final da historia, froito do esforzo e a colaboración dos personaxes do conto e no que se reflicten os valores presentes no mesmo.

Planetario de "La Caixa"

Durante a semana do 9 ao 13 de febreiro tivemos instalado no aula de música un planetario que nos cedeu "La Caixa". 

Esta actividade pretende acercar aos máis pequenos ao mundo da astronomía dun xeito estimulante, ameno e á vez riguroso. Buscamos que despois de realizada esta actividade, o noso alumnado mire ao ceo con outros ollos.

Por el pasou toda a comunidade educativa para presenciar as dúas presentacións que nos ofreceron. A primeira estivo dedicada a explicarnos o motivo de porque non se move a estrela Polar, asemade descubrimos cal é a orixe mitolóxica da súa forma e nome.

Na segunda proxección aprendemos curiosidades mitolóxicas da forma de varias constelacións que se poden observar no ceo durante o inverno.

Preme para ver a Galería de imaxes

Día da Paz e Non Violencia 2015

Durante a última semana do mes de xaneiro celebramos no centro o Día Internacional da Paz e Non Violencia coa realización de diversas actividades que prestenden inculcar no alumnado valores que deben de estar presentes ao longo do ano, e non só na data da conmemoración do aniversario da morte de Gandhi.

Entre as actividades realizadas destacamos as seguintes:

Asemade, elaboramos un karaoke, personalizado con imaxes do noso cole, da canción de José Luis Perales "Que canten los niños".

Na seguinte galería podedes observar parte das actividades realizadas.

Galería de imaxes

Contacontos do Concello

O pasado 22 de xaneiro tivemos unha visita moi especial na biblioteca do noso cole: a contacontos do Concello que nos fixo viaxar por diversos países do mundo. Coñecemos China, Rusia, Italia… escoitando as fantásticas aventuras de Marco Polo que nos ía contando.

Non hai máis que ver a faciana do alumnado para descubrir o ben que o pasaron con esta actividade…

Xa estamos esperando ansiosos a que veña outra vez a visitarnos!!!

Galería de imaxes

Formación no Primeiro Ciclo de EP

O alumnado de primeiro ciclo traballou os seguintes temas ao longo do primeiro trimestre:

  • Visitou a biblioteca para ser informada dos servizos que esta ofrece ao alumnado.
  • Analizaron diferentes tipos de fondos documentais:contos, comics, narrativas e libros de consulta para aprender a distinguir os diferentes tipos de lectura e información que ofrecen os documentos.
  • Aprenderon a cumprimentar as fichas de lectura que deben de cubrir cada vez que len un libro. Nos libros recoñeceron os diferentes elementos que identifican un documento.
  • Debatiron sobre as accións que hai que realizar para coidar os materiais da biblioteca.

 

Festival de Nadal 2014

O 18 de decembro, ás 18 horas, celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas de Ourense ante un público entusiasta formado fundamentalmente pola nosa comunidade educativa e familiares achegados do alumnado.

Antes de nada, resaltar que é de agradecer o bo comportamento de todos os espectadores, mantido ao longo da duración de todo o espectáculo, e sobre todo pola comprensión mostrada ante aqueles pequenos erros, achacados ao directo case todos eles, que puidemos ter.

Non debemos esquecernos de dar as grazas a todos os membros do Equipo directivo, e ao persoal laboral, do IES As Lagoas pola súa colaboración connosco para poder levar a bo término este Festival.

Se premedes nas seguintes ligazóns accederedes aos vídeos das diferentes representacións que tiveron lugar no Festival: 

  1. Teatro: "A consulta da doutora Casilda". 4º curso.
  2. Baile: "Árbol de Navidad". Ed. Infantil.
  3. Canción: "Debajo de un botón" e "Los pollitos". Ed. Inf., 1º e 2º curso.
  4. Panxoliña: "Rodolfo el reno". 1º curso.
  5. Baile: "Soy una tetera...". 1º curso.
  6. Poemas: "Paxoliñas de Nadal". 3º curso.
  7. Concertos: Gabriel, Estela, Noa, Gabriel e Nuria.
  8. Baile: "O camiño de Viseu". 5º curso.
  9. Humor: "Chistes e adiviñas". 2º curso.
  10. Coreografía. "Singing in the rain". 6º curso.
  11. Canción: "Camariñas". 4º, 5º e 6º curso.

 

Galería de imaxes

Mellores lectores 1º trimestre 2014/15

Como actividade final da biblioteca, neste primeiro trimestre, Leo estivo pescudando información, nos arquivos e nas fichas de lectura, sobre os nosos hábitos lectores. Como o nivel lector neste trimestre foi, en xeral,  de moita calidade, resultou moi custoso deliberar quen era merecedor dun dos máis prestixiosos recoñecementos que outorgamos desde a biblioteca.

Despois deste arduo traballo, Leo estableceu como mellores lectores de cada curso aos seguintes nenos e nenas:

  • Valentina de 1º curso.
  • Sheila de 2º curso.
  • Yago de 3º curso.
  • Diego de 4º curso.
  • Rebeca de 5º curso.
  • Rodrigo de 6º curso.

Espero verte no seguinte trimestre nesta relación!!

Galería de imaxes

Obradoiro de lectura sobre o oficio da castañeira

Durante o mes de novembro, no tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado de 2º curso participou nun obradoiro de lectura sobre o oficio da castañeira.

Ademais de traballar a lectura do conto da castañeira, realizamos un cartaz entre todo o grupo de clase sobre a castañeira que nos serviu para decorar a exposición de traballos do magosto.

Distribuir contido


by Dr. Radut