Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na Terra Chá, en Lugo.
Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. Seu pai chegou a ser alcalde de Outeiro.Comezou os estudos primarios na escola de Outeiro de Rei, en plena Guerra Civil, e despois preparou o ingreso ao instituto nunha academia de Rábade, onde o mestre aproveitaba as tardes dos sábados para lerlles aos seus alumnos e alumnas libros en galego.
O bacharelato realizouno en Lugo onde publicou o seu primeiro libro «Muiñeiro de brétemas».
Casou con Saleta e foron vivir a Monforte de Lemos onde Manuel exerceu a profesión de Procurador dos Tribunais. Nesta vila tivo unha extraordinaria actividade cultural e política: traballou na emisora local, deu unha chea de conferencias, abriu a libraría Xistral e a editorial do mesmo nome, especializada en libros en galego, escribiu unha enorme cantidade de libros, participou en moitos movementos sociais e políticos... sendo o poeta galego máis musicado de todos os tempos.
Ingresou na Real Academia Galega en 2003.
Manuel María falece o 8 de setembro de 2004 na Coruña. Despois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres, o seu corpo foi trasladado a Outeiro de Rei no medio dunha multitude de galegos e galegas que quixeron dar o seu derradeiro adeus ao poeta nacional de Galiza
Polo seu labor a prol da lingua e a cultura galega se lle adica o Día das Letras deste ano 2016.
(Texto elaborado polo Seminario Galán)