Skip to Content

Galos da Mezquita

A localidade de San Pedro da Mezquita (A Merca) celebra o seu Entroido coa figura dos "Galos" como protagonistas, unha figura con polo menos 250 anos de historia.

O disfrace tradicional leva camisa branca, gravata, pantalón a modo de calzón de felpa longose, superpostos, outro calzón máis curto de liño.

Na cintura leva mantón de manila. Nove panos de seda cobren o corpo de tal xeito que asemelle a un galo, un par distes van atados nos puños para simular espolóns.

O gorro é a figura dun galo feito con cartóns, vimbios e recubertos con papeis de seda pegados con cola feita de fariña.

Todo o peito vai recuberto con cadeas e colares de outo.

Levan luvas nas mans e portan unha caxata.



book | by Dr. Radut