En Bande "Os troteiros" son uns disfraces de entroido que se están recuperando despois de 60 anos.
Os troteiros levaban unha bara, como se pode ver na fotografía e corrían polos camiños meténdose coas mulleres e os vellos. Ao parecer xa saían en Bande despois de reis, segundo Bouza Brey. A súa indumentaria non era especial, pero o normal era envolverse nun cobertor ou nunha "sábana", levaban caretas feitas na casa de cartón, con campás arredor. O sombreiro lévano adornado con postais e espellos, seguramente para protexerse do mal de ollo ou doutros perigos", a cara cóbrena con tapetes bordados.
Gozaban do privilexio da impunidade, por exemplo levantaban as saias das mulleres.
O nome Troteiro ven de trouleo ou trote polas rúas, polos camiños e polas parroquias levando o Entroido.
Antiguamente cada altea tiña o seu traxe. No proceso de recuperación do personaxe elixiuse un común para todos eles.