Skip to Content

Protagonistas do entroido

Mural de caretas do entroidoOs protagonistas do Entroido na Provincia de Ourense:  as "Pantallas" de Xinzo de Limia, os  "Peliqueiros" e "Cigarróns"  de Laza e de  Verín, a "Morena" de Laza, os "Felos" de Maceda , as "Tamborradas" e a "Mula" de Viana, os "Folións" e "Boteiros" de Vilariño e Viana, a "Mázcara"  de Manzaneda, os "Vergalleiros" de Sarreaus, os "Troteiro " de Bande ,  os "Charrúas" de Allariz, os "Murrieros" de A Teixeira, o "Oso" o "Toro" e o  "Xigante" do Bolo,  as "Bonitas" de Cartelle, as "Abutardas" de Sande, as  "Mascaradas" de Maside, os "Bobos e Pallasos"  de Beariz, os "Irrios" de Castro Caldelas, os "Borralleiros" de Cortegada,  a "Vacaloura " do Barco de Valdeorras, os "Galanes e Madamitas" de Entrimo, os "Labardeiros" de Mugares, a "Pita" de Eiroás, os "Fargalleiros ou Zamarreiros" da zona limítrofe do Bierzo...a parte, tamén, do Entroido urbanos". Sen esquecernos dos felos, corozas e rodos de Boborás.

En Galiza tamén hai que destacar os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada.



book | by Dr. Radut