O PLANADOR
Un planador é un aerodino (unha máquina máis pesada que o aire).
Cando Leonardo da Vinci era pequeno sempre quería voar, pero os seus amigos ríanse del ao intentalo. No momento que se fixo maior, afrontou o problema de voo por primeira vez e inventou unha especie de aeroplano sen motor que sería capaz de voar sostido polas correntes de aire.
Para iso, baseouse nun estudo sobre as ás dos morcegos. A súa máquina de voar funcionaba como un planador, porque era incapaz de manterse moito tempo no aire.
Hoxe en día, os planadores teñen as ás rectangulares e unha estrutura moi aerodinámica. Sáltase dende montes moi altos e o tempo aproximado de voo e duns 30 minutos, tamén depende do factor vento, se ten moita forza durará máis tempo no aire.
Pero o máis divertido é cando notas a brisa na cara e ves paisaxes incribles dende as alturas, aínda que o máis difícil de todo é aterrar pero vale a pena xa que é unha sensación única.
Autor: Dino