Skip to Content

Obradoiros da Policia Nacional no noso centro

O martes 21 de novembro de 2023, dúas das integrantes do Corpo da Policía Nacional no Grupo de Participación Cidadá desprazáronse dende a Comisaría de Ourense para traballar co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre a temática recollida no “Plan Director”.

A exposición estivo centrada en dous temas, como son as redes sociais e o acoso escolar. Temáticas de plena actualidade na nosa sociedade e que ao noso alumnado interesoulles moito, póndose de manifesto na gran cantidade de preguntas que realizaron sobre o uso dos teléfonos móbiles, vídeo xogos e plataformas de redes sociais.

O xoves 23 de novembro de 2023, regresaron para traballar co alumnado de Educación Infantil nas que o máis importante e a confianza nos membros que integran a Policía Nacional a metodoloxía estivo centrada na súa mascota e o libro editado por UNICEF e o CNP El club de los secretos.

Agardamos repetir a actividade co alumnado no curso que ven, debido ao interese mostrado, tanto polos docentes como polo alumnado.



page | by Dr. Radut