Skip to Content

Abalar móbil

Estimadas familias.

Recordámosvos que a Consellería de Educación conta cunha APP para teléfonos móbiles que permite establecer entre o centro e as familias unha canle de comunicación e que facilita a consulta de información académica dos vosos fillos e fillas a través do móbil desde calquera lugar.

Temos comprobado que son numerosos os familiares que xa teñen descargada a aplicación no seu móbil, pero detectamos que hai un número importante de familias que non a teñen instalada. Por iso, animámolos a que o fagan para mellorar a comunicación entre o centro e as familias nestes momentos en que de forma presencial non se pode realizar.

Premendo na imaxe de máis abaixo poderedes descargar a aplicación para instalala nos vosos móbiles. Para poder instalala é preciso que o fagades co teléfono móbil que figura nos vosos datos persoais no centro...se tedes atrancos para facelo (ou o número de teléfono está sen actualizar), comunicádenolo no seguinte correo ceip.manuel.sueiro@edu.xunta.gal e achegarémosvos a solución de como facelo.



page | by Dr. Radut