Skip to Content

Recíclate con SOGAMA

Este curso participamos no programa "Recíclate con Sogama" que é un programa de educación ambiental canalizado a través do Plan  Proxecta que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sustentable dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a redución de produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe (as tres RRR).

Para facilitar esta tarefa, dispoñemos dunha pequena infraestrutura que nos achegou Sogama e que se denomina "illa de reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para as latas,  briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable.

O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de ser parte activa na mellor xestión dos refugallos producidos no ámbito escolar, actúe como axente dinamizador das boas prácticas ambientais a instaurar na súa contorna familiar e social, contribuíndo desta forma para incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia e, por tanto, aos beneficios asociados, tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico (diminución dos custos para os concellos).



page | by Dr. Radut