Skip to Content

Blogue de admin

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Informamos que, segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021), o 25 de outubro de 2021, comeza o proceso para a renovación dos membros dos Consellos escolares.

Comunícase que o vindeiro xoves, día 28 de outubro, ás 09:30 da mañá, se procederá neste centro ao sorteo público de integrantes da Xunta electoral.

 

Hoxe, 28 de outubro, realizouse o sorteo dos integrantes da Xunta Electoral. Os membros elexidos recibirán a citación para a constitución da Xunta Electoral do centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Achegamos a listaxe en pdf de libros por cursos.

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

Ao longo deste curso estivemos traballando os hábitos saudables e a promoción da actividade física. Estes contidos foron traballados tanto nas sesións de educación física como nas diversas actividades puntuais que se levaron a cabo no centro. 

Carreira solidaria polo día da paz

Con motivo desta conmemoración levamos a cabo unha recollida solidaria en favor do banco de alimentos Rías Altas e, ademais, implicamos ao alumnado na realización dunha carreira no recinto do centro. 

 

Modalidades novas

Grazas á adquisición de novos materiais e á colaboración da mestra que tivemos en prácticas, puidemos iniciar ao noso alumnado en modalidades deportivas menos coñecidas como son o rugby cinta, o disc golf e o béisbol. 

 

Xogos tradicionais

Vencellado ao traballo relacionado polo alumnado de 5º e 6º sobre o parque de Vioño, aproveitamos para coñecer, tanto neste parque coma no centro, modalidades tradicionais, como o varapau e tirafungueiro, entre outros. 

 

Carreiras de orientación

Aproveitando as saídas ao parque de Vioño, levamos a cabo traballo de carreiras de orientación. O alumnado implicouse na elaboración dos mapas e dos diferentes percorridos que posteriormente empregamos para a realización de carreiras. 

 

Imaxes nun ficheiro adxunto. 

Programa ARCO 2021

Recitamos a Rosalía no seu día.

Deixámosvos a ligazón ao blog da biblio para que poidades ver o vídeo coas vosas participacións na conmemoración do Día de Rosalía. Agardamos que gocedes co seu visionado. Moitas grazas a todos e todas e feliz finde!

 

http://anosabiblio.blogspot.com/2021/02/dia-de-rosalia.html

Plan de Continxencia e Horario Espello

Xuntamos o Plan de Continxencia do centro, que inclúe á súa vez o Horario Espello. Estes documentos están actualizados a novembro de 2020 e reflicten cal sería a organización do colexio de vernos obrigados a recurrir ó ensino virtual. Aclarar que o Horario Espello estaría en funcionamento unicamente no caso de peches temporais. Queda á vosa consulta e estamos aquí para calquera dúbida ou aclaración.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID19 - PLAN DE CONTINXENCIA - PLAN DE ACOLLIDA

Poñemos á vosa disposición o Plan de Adaptación ao Contexto COVID-19, o Plan de Continxencia e o Plan de Acollida do noso centro, documentos actualizados en base á última normativa publicada pola Consellería.

 

CAFI | Consellería de Educación, Universidad y Formación Profesional

ASAMBLEA ANPA

ACHEGAMOS INFORMACIÓN ASAMBLEA ANPA

XA XERMINARON AS SEMENTES DAS FOLLAS DO CALENDARIO!!!!

Agora que xerminaron as sementes, temos que plantalas nas macetas.

 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut