Skip to Content

Horario

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024

O Consello Escolar do centro aprobou solicitar

como días non lectivos

o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024

Estes días están aprobados por Xefatura Territorial.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023

 

O Consello Escolar aprobou solicitor o día 2 de Maio como día non lectivo. Recibida a autorización por parte da Xefatura Territorial.

HORARIO CURSO 2022/2023

 

HORARIO LECTIVO: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

 

 

HORARIO DIRECCIÓN: De luns a venres de 9:00 a 10:00 e de 12:00 a 13:00

HORARIO SECRETARÍA: De luns a venres de 9:00 a 10:00

HORARIO ORIENTACIÓN: Xoves e venres de 9:00 a 14:00 horas, previa cita.

 

HORARIO TITORÍAS: Luns de 16:00 a 17:00 horas, previa cita.

 

Usarase a Aplicación AbalarMóbil para favorecer a comunicación do centro coas familias.           https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil      

 

HORARIO COMEDOR: De luns a venres de 13:45 a 16:00 horas (xestionado pola ANPA).

 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: De luns a venres de 16:00 a 18:00 horas (xestionado pola ANPA).

Este curso confirmáronse as seguintes actividades, de 16:00 a 17:00 horas:

Luns: Multiactividade

Martes: Patinaxe

Mércores: Multiactividade

Venres: Judo

 

 

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2021/2022

A Dirección do CEIP José Cornide Saavedra informa de que solicitude presentada pola Presidenta do Consello Escolar ante a Xefatura Territorial de aprobación de  dous días non lectivos para o presente curso 2021/22:

-  7 de decembro de 2021

-  16 de maio de 2022

recibiu o visto bo e foi autorizada a día 12 de novembro con data de entrada no centro a 15 de novembro de 2021.

 

 

Polo tanto eses dous días non haberá clase

COMEZO DO CURSO 2021/2022

As clases comezarán o día 9 de setembro de 2021 para todo o alumnado no horario habitual de todo o curso.

 

ENTRADA

Ás 9:00

      - 1º e 2º de Primaria pola porta pequena.

      - 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria polo portalón grande.

As portas abriranse ás 08:55

Cando o profesorado de garda o indique, accederán ao recinto, entrando sós ata a súa clase.

 

Ás 9:05

       - Todo o alumnado de Infantil entrará pola porta pequena, acompañados dun familiar, dirixíndose polo lado do colexio segundo a súa clase, ata o porche cuberto. Alí agardarán para entrar todos xuntos co seu titor ou titora.

 

Os que teñan irmáns maiores poderán entrar ás 9:00 con eles.

** Durante o período de adaptación o alumnado de 4º de Infantil entrará á hora que lle corresponda segundo o día**

Do 9 ao 15 de setembro incluídos: De 11:00 a 13:45

Do 16 ao 21 de setembro incluídos: De 10:00 a 13:45

A partires do 22 de setembro: De 9:05 a 13:45

 

SAÍDA

Ás 13:45

      - Abrirase a porta pequena para que os familiares do alumnado de Infantil pasen ata o porche cuberto para recollelos. A saída realizarase, o antes posible, polo portalón grande.

      - O alumnado que vaia a comedor, será recollido polo persoal do comedor.

Ás 13:55

      - Irán saíndo os de Primaria, comezando polos cursos máis baixos.

      - 1º e 2º sairán pola porta pequena. 3º, 4º, 5º e 6º sairán polo portalón grande.

As familias do alumnado de Primaria non poderán acceder ao recinto escolar. Se necesitaran facelo por algún motivo, deberán chamar antes ao centro para avisar.

 

Prégase respecten as distancias de seguridade e non formen aglomeracións.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021-2022

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 5. Actividades lectivas

 1. En educación infantil, educación primaria e educación especial, as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Artigo 6. Vacacións escolares

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

 

– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Artigo 7. Días non lectivos

          2. Este curso o centro pode elixir dous días non lectivos de libre elección que aínda están por decidir.

          3. Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos: no curso 2021/2022 se celebrará o 11 de outubro de 2021.

Disposición adicional segunda. Período de adaptación 4º Ed. Infantil.

Do 9 ao 15 de setembro incluídos: De 11:00 a 13:45

Do 16 ao 21 de setembro incluídos: De 10:00 a 13:45

 

A partires do 22 de setembro: De 9:05 a 13:45

REUNIÓNS INFORMATIVAS PRINCIPIO DE CURSO 2020/2021 COS TITORES/AS

Debido á situación de excepcionalidade que vivimos, as reunións de inicio de curso das familias cos titores/as, realizaranse os días 7 e 8 de setembro para que poidan estar informadas de todas as medidas que se están tomando para a seguridade dos seus fillos e fillas. Por iso é moi importante a asistencia.

As datas e horarios son os seguintes:

4º E.I. (3 anos)  Luns 7 ás 10:00 h.

5º E.I. (4 anos)  Luns 7 ás 11:00 h.

6º E.I. (5 anos)  Luns 7 ás 12:00 h.

             1º E.P.  Martes 8 ás 12:00 h.

             2º E.P.  Martes 8 ás 13:00 h.

             3º E.P.  Martes 8 ás 10:00 h.

             4º E.P.  Martes 8 ás 11:00 h.

             5º E.P.  Martes 8 ás 11:30 h.

             6º E.P.  Martes 8 ás 10:45 h.

IMPORTANTE!!!

Só poderá asistir un proxenitor/a ou representante por alumno/a, debido ás restricións de números de persoas en reunión, que as autoridades sanitarias teñen decretado na nosa cidade. 

A persoa que asista deberá vir con máscara e un bolígrafo para cubrir a folla de actualización de datos que se dará e asinar a declaración responsable. Os que envíen a algún representante, entregarán eses documentos no centro, a través do alumno/a, o primeiro día de clase. A listaxe de material darase nesta reunión.

Para calquera aclaración, poden chamar ao 981 248796 en horario de 9 a 14h. Lembramos que esta canle de Whatsapp só é para que o colexio envíe este tipo de avisos, non se contestarán ás mensaxes recibidas.

 

COMEZO DO CURSO 2020/2021

Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

 

OS DÍAS DE INCORPORACIÓN DO ALUMNADO SERÁN OS SEGUINTES:

Día 10 de setembro

4º E.I. (3 anos) 11:30 h
5º E.I. (4 anos) 9:30 h
1º E.P. 9:20 h
2º E.P. 9:20 h
3º E.P. 9:10 h

 

 

Día 11 de setembro e seguintes: 

4º E.I. (3 anos) 11:30 h **Durante o período de adaptación
5º e 6º E.I. (4 e 5 anos) 9:30 h
1º e 2º E.P. 9:20 h
3º e 4º E.P. 9:10 h
5º e 6º E.P. 9:00 h

 

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 5. Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 (modificado pola instrución antes citada, de incorporación gradual) ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

Artigo 6. Períodos de vacacións

          1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

          2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

          3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.

Artigo 7. Días non lectivos

          2. Este curso é festivo local o día 7 de outubro (Día do Rosario) polo que o centro pode elixir un día non lectivo de libre elección que aínda está por decidir.

          3. Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos: no curso 2020/2021 se celebrará o 7 de decembro de 2020.

Disposición adicional segunda. Período de adaptación 4º Ed. Infantil.

                                        Do 10 ao 16 de setembro: De 11:30 a 13:30 h.

                                        Do 17 ao 25 de setembro: De 10:30 a 13:30 h.

                                        A partir do 28 de setembro: De 9:30 a 13:30 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut