Skip to Content

comedor

MENÚ 1º TRIMESTRE

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2022-2023

O 23 de Febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola Consellería competente.

 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

- Na sede electrónica: Pinchando aquí

 

- Na web de servizos sociais: Pinchando aquí

 

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente á súa consulta.

 

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Plaza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut