Skip to Content

2º Primaria

Rematamos este curso

Celebration by Quentin Blake - Rennies Gallery

 

Rematamos este curso, e non cunha festa como nos gusta facelo sempre.

Pero temos moito que celebrar, que estamos todos ben, que pasamos moito máis tempo en familia, que aprendemos moitas cousas novas (cociña, manualidades, informática...) e espero sobre todo, que aprendéramos a apreciar ben as cousas que temos que valorar e coidar.

Graciñas a todas as familias pola vosa imprescindible colaboración.

Espero vervos a todos a próxima semana no cole.

 

E o conto desta semana é:

 

O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA

 

Deixovos as reflexións dos nenos do que foi para eles o mellor e o peor destes tempos. Ireinos poñendo a medida que os vaia recibindo.

Picade nos nomes e veredes o que eles sentiron.

ROI                  ÁNGELA       ÁNGELA (IN ENGLISH)

ALEJANDRO CAAMAÑO          IZAN          ALBA     LAURA SANMARTÍN

LAURA RUIZ           SHEILA           LEIA       ELI

 

Seguimos aprendendo. Semanas do 8 ao 19 de xuño

El cómic de 'Mortadelo y Filemón' que predijo la pandemia del ...

Este curso vai rematando.

Noutros tempos estaríamos ensaiando todos moi emocionados a nosa función fin de curso. Agora non pode ser, pero volveremos con máis ilusión a aquelas festas no cole con todas as familias.

Para os días que nos quedan, que a rapazada siga traballando nos seus libros e despois a pasar o mellor verán posible.

Propoño tamén unha actividade para que eles reflexionen:

Que foi o peor e o mellor deste confinamento?

 (estar máis tempo con papá e mamá, non ter que madrugar...non poder xogar cos amigos, non poder dar abrazos aos avós...)

 

Colle unha folla ou un folio e divídeo en dúas metades.

Nunha metade escribe un texto explicando o que che pareceu peor deste tempo e fai o debuxo.

Noutra metade escribe un texto explicando o que che pareceu mellor deste tempo e fai o debuxo.

E, se podedes, enviádeme este traballo ao meu correo electrónico. Graciñas de antemán.

 

 

E o conto da semana é:

 

O CASCABEL DA GATA

 

Seguimos aprendendo. Semana do 1 ao 5 de xuño

 

 

 La Góndola de Babel – Quentin Blake | Tu Biblioteca Shangrilá

 

 

Boa semana a todos!

Estamos xa rematando o curso. Vaia curso!! Que non veña outro coma este!!

A maioría de vos tedes xa os libros de texto dos vosos nenos, e os demáis  collerédelos un destes días.

Así que a miña proposta é que, a partires de agora, os cativos traballen nos seus libros (lengua,lingua e matemáticas), e vaian rematando o que quedou pendente do segundo trimestre. Así que os rematen, vacacións todo o verán, que ben as merecen.

Os textos do 3º trimestre están sen comezar, así que quedan no colexio para o curso que ven.

Seguirei poñendo nesta web algún conto semanal e algunha actividade de apoio que poida ser interesante.

Graciñas pola vosa colaboración durante todo este tempo!!

 

 

Aquí tedes uns enlaces a recursos para facer no ordenador:

 

ESTUDO AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

RECURSOS DE MATEMÁTICAS 

RECURSOS DE LENGUA

 

E o conto desta semana é:

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO

 Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo

 

 

 

 

 

 

Seguimos aprendendo. Semana do 25 ao 29 de maio

Ola de novo a todos!

Aquí seguimos resistindo, como a tribo de Axtérix e Obélix, ante o virus invasor (que veu de China e pasou por Roma)

Deixovos as recomendacións da semana e, coma sempre, facede o que poidades.

Unha forte aperta e moita saúde. 

Astérix, Obélix, Panoramix y los mejores personajes dibujados por ...

 SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

LENGUA

lectura e comprensión

pronomes persoais

ortografía -mp- e -mb-

 

Páxina 36 ata 39

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32...

MATEMÁTICAS

descomposición de números

multiplicar

facer e estudar as táboas:

2,3,4, 5,6, e 7

Páxina 30 ata 33 e táboas do 2,3,4, 5, 6 e 7

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32...

LINGUA

 

o xénero e o número

palabras con c e z

vocabulario da cidade

describo un lugar

 

Páxina 22 ata 25

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U3...

     
SOCIAIS

lectura e repaso tema 7:

"O paso do tempo"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais2/program/index.html#/tm?l=678

 

E o conto desta semana é dun gato moi pícaro que se titula:

SIXTO SEIS CENAS

Despois de escoitalo e lelo:

 

  • Poñede título e autor
  • Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo

 

Seguimos aprendendo. Semana do 18 ao 22 de maio

 

Saúdos de novo familias!!

Tendo en conta o que me contades nos vosos correos (algúns nenos están cansadiños, agora pódese pasear...) propoño alternar as actividades de Sociais e Naturais por semanas, unha semana haberá Naturais e outra Sociais.  E mandarei sempre as actividades de Linguas e Mate, que son as instrumentais.

En lingua galega seguide coas de RICARDO CARVALHO CALERO, que son moitas,

Tamén penso que é moi interesante que (se os nenos queren e teñen tempo), miredes na sección do Departamento de  Orientación, porque propoñen traballos moi adecuados e educativos e tamén divertidos ( o de mecanografía , o de inferencias ou o de conciencia fonolóxica por exemplo)

Seguimos en contacto para o que necesitedes.

 

Mafalda y sus amigos son un resumen de la humanidad – Manuel ...

 

 SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

 

LENGUA

terminaciones -illo, -illa

escribir frases publicitarias

lectura e comprensión

 

Páxina 27 ata 31

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32...

MATEMÁTICAS

numeración ata 799

triángulos e cuadriláteros

facer e estudar as táboas:

2,3,4 , 5 e 6

Páxina 26 ata 29 e táboas do 2,3,4, 5 e 6

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32...

LINGUA

 seguimos con:

actividades sobre Ricardo Carballo Calero

 

 

enlace:

http://seminariogalan.org/inicio/portada

NATURAIS

Tema 4:

"As plantas e o contorno"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais2/program/index.html#/tm?l=681

     

 

E o conto desta semana é:   

La aventura formidable del hombrecillo indomable 

 

E coma sempre, facedes:

  • Título e autor
  • Escribe e debuxa o que máis che gustou

 

 

 

Seguimos aprendendo. Semana do 11 ao 15 de maio

Boa semana a todos familias!!

Esta que entra, é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicada á figura de RICARDO CARVALHO CALERO.

Por iso, as actividades semanais de lingua galega, propoño que sexan as que cada ano elabora moi ben un grupo de traballo, composto por mestres, chamado Seminario de Galán . (O enlace xa vai directo)

Nela tedes a biografía e un montón de actividades (en liña e tamén para imprimir) adaptadas para cada curso.

Anímovos para que entredes, e que os nenos fagan as actividades do seu curso (as que máis lles gusten).

O conto completo "As pitas baixo a choiva", podedes lelo no noso blog Pasa Páxina.

O resto das recomendacións seguen a mesma estrutura que as anteriores.

Unha forte aperta.

 

Las 12 mejores canciones del Xabarín Club

 

 

 SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

LENGUA

lectura e comprensión

o cómic

os adxectivos

 

Páxina 23 ata 26

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32...

MATEMÁTICAS

a multiplicación

facer e estudar as táboas:

2,3,4 , 5 e 6

Páxina 22 ata 25 e táboas do 2,3,4, 5 e 6

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32...

LINGUA

 

actividades sobre Ricardo Carballo Calero

 

 

enlace:

http://seminariogalan.org/inicio/portada

NATURAIS

lectura e repaso tema L:

"Avalío os meus logros"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais2/program/index.html#/tm?l=681

SOCIAIS

lectura e repaso tema 6:

"Os traballos e a comunicación"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais2/program/index.html#/tm?l=678

 

 E esta semana deixovos a adaptación dun conto escrito por Carvalho Calero, contando unha aventura da súa nenez. Agardo que vos guste.

No caderno, poñede título, autor e facede un debuxo

Seguimos aprendendo. Semana do 5 ao 8 de maio

Saúdos para todos, grandes e pequechos!!

Aquí vos quedan os consellos para esta semana pequena (de catro días escolares). Facedeos a modiño, con coidado, boa letra...

E aproveitade os paseos neste bo tempo que temos, sempre con moito sentidiño, que así todo vai ir ben!!!

Mítica serie de dibujos animados (Foto: Especial)

 

 SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

LENGUA

o artigo

escritura e lectura de:

r- e -rr-

caligrafía

 

Páxina 20 ata 22

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32...

MATEMÁTICAS

 restas con levadas

problemas

facer e estudar as táboas:

2,3,4 e 5

Páxina 18 ata 20 e táboas do 2,3,4 e 5

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32...

LINGUA

 

xogos con letras, palabras e

frases

comprensión lectora

 

Páxina 18 ata 21

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U3...

NATURAIS

lectura e repaso tema 3:

"Coñezo os animais"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais2/program/index.html#/tm?l=681

SOCIAIS

lectura e repaso tema 5:

"O goberno da localidade"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais2/program/index.html#/tm?l=678

 

 E o conto desta semana é: O Galo Quirico

un conto tradicional que se ven escoitando en moitas partes do mundo desde non se sabe canto tempo hai.

- Escribe o título e cal foi o personaxe que máis che gustou e porqué. 

- Despois fai o debuxo

 

Seguimos aprendendo. Semana do 27 ao 30 de abril

Saúdos de novo familias!

Co mesmo formato que a semana pasada, deixovos o traballo escolar recomendado para estes días.  

Están os enlaces de cada área para que vaiades directamente aos caderniños e aos libros.

Mirade ben nos outros apartados da web (música, inglés, orientación, PT , AL, educación física...) que teñen unha morea de actividades moi interesantes para os cativos.

Poñédevos en contacto comigo para calquera consulta .

Unha aperta e ata pronto!  

 

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

 

LENGUA

vocabulario

lectura e composición escrita

 

Páxina 16 ata 19

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32...

MATEMÁTICAS

sumas e restas con levadas

problemas

Páxina 15 ata 17 e táboas do 2,3 e 5

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32...

LINGUA

 

uso das maiúsculas

vocabulario insectos

escribo un conto

 

Páxina 15 ata 17

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U3...

NATURAIS

lectura e repaso tema 2:

"Crecer sans"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais2/program/index.html#/tm?l=681

SOCIAIS

lectura e repaso tema 4:

"A localidade"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais2/program/index.html#/tm?l=678

 

E  o conto desta semana é "Nicomedes o pelado"

  1. Mirade este video de youtube
  2. Escribide título e autor
  3. Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo ou podes inventar ti outra cousa que puxo na cabeza e quen se lle pousou nela.

 

 

 

 

 

 

 
 
 

Seguimos aprendendo. Semana do 20 ao 24 de abril

Aquí estamos de novo, coidándonos moito, porque xa sabedes que "Moito axuda quen queda na casa"

Trátase de que teñades suficientes recursos para estes días. Se podedes imprimir os caderniños, estupendo, pero os que non podan (que sodes a maioría) aconsello copiar un exercicio de cada páxina na libreta, e o resto ou se fan oralmente ou quedan en reserva para outros días.

Intentamos así, que os nenos manteñan a rutina de traballo escolar, e ademáis aproveiten mellor este tempo de confinamento nas casasa.

Esta situación pillounos a todos descolocados (nenos, familias, profesorado...) e hai que mirar polo ben dos cativos, non hai que "facer callo copiando", nin esixirnos por encima das posibilidades de cada un. Ante todo "moita calma".

Un abrazo moi forte que pronto nos veremos

 

 Book lover posters  #fiction #posters #bookloverposters #musthave #posterart #booklovers #quotesaboutbooks

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

 

LENGUA

ortografía j-g

composición escrita

 

Páxina 13 ata 15

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32...

MATEMÁTICAS

litro e medio litro

contas, numeración 

Páxina 12 ata 14

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32...

LINGUA

lectura e comprensión

o substantivo (nome)

 

Páxina 12 ata 14

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U3...

NATURAIS

lectura e repaso tema 1:

"O corpo humano"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais2/program/index.html#/tm?l=681

SOCIAIS

lectura e repaso tema 2:

"A auga e o seu uso"

enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais2/program/index.html#/tm?l=678

 

E xa que esta semana, o 23 de abril,  é o Día do Libro, o conto desta semana é "Don Quijote de La Mancha"

  1. Mirade este video de youtube
  2. Escribide título e autor
  3. Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo

 

 

 

 

Seguimos aprendendo

Benqueridas familias:

Xa que isto parece que vai para longo, vouvos mandar algunhas recomendación de traballo escolar.

A idea é que a situación se tome coma outra "normalidade" e os cativos non perdan a rutina, os habitos de lectura, cálculo... e a importancia de seguir aprendendo sempre.

Non debe supoñer para os pais e nais un sobreesforzo nin unha esixencia que xenere máis ansiedade da que xa temos polas circunstancias. Cada un que faga o que poida en función das súas posibilidades e capacidades. Os pequenos xa se poñerán ao día cando se retomen as clases, porque eles teñen unha capacidade de adaptación e superación enorme.

 

Mándovos uns enlaces a caderniños de Lengua, Lingua e Matemáticas de 2º (cedidos pola editorial santillana gratuitamente)

  • Cada día poden facer unha ou dúas follas de cada materia, comenzando polo do 2º trimestre.

    (Tamén se pode imprimir)

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL(caderniños do 2º trimestre)

  • LENGUA.....páxina 4 ata 12
  • MATEMÁTICAS.....páxina 4 ata 11
  • LINGUA.....páxina 4 ata 11

 

[cid:image018.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2>
Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Lengua 2º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2>

[cid:image022.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32_U1_U101_U2>
Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Matemáticas 2º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32_U1_U101_U2>

[cid:image030.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U32_U1_U101_U2>

Caderno Lingua 2 Saber Facer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U32_U1_U101_U2>

Mándovos tamén un enlace Vicens-Vives, onde se poden descargar os libros desta editorial, e alí están os contrasinais dos nosos libros de Sociais e Naturais, para que eles repasen os temas que estivemos traballando durante o curso e vaian mirando e lendo os que nos quedaban .

Tamén están os libros de Lengua, Lingua e Mate con máis recursos.

 

  • Algún día, no tempo de lectura, dedicalo a estes librosde Sociais e Naturais

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL 

 

  • SOCIAIS.....Tema 1"O ciclo sen fin"
  • NATURAIS.....Tema 1 "Poñémonos en forma"

https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es

 

Ademáis esta actividade para un conto semanal pode ser divertida para eles.

 SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL 

 

  • A casa da mosca chosca: https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E 

    Escoller algunha destas opcións:

     

  • Escribir na libreta: título, personaxes, o que máis me gustou e fago o debuxo.

  • Escribir de novo o conto en forma de comic.

  • Refacer o conto cambiando os protagonistas por outros (xente da familia, amigos...

 

E hai que seguir coas taboas de multiplicar!!!

Un abrazo moi forte da profe Ana que vos bota moito de menos.

Distribuir contido


by Dr. Radut