Skip to Content

Seguimos aprendendo. Semana do 1 ao 5 de xuño

 

 

 La Góndola de Babel – Quentin Blake | Tu Biblioteca Shangrilá

 

 

Boa semana a todos!

Estamos xa rematando o curso. Vaia curso!! Que non veña outro coma este!!

A maioría de vos tedes xa os libros de texto dos vosos nenos, e os demáis  collerédelos un destes días.

Así que a miña proposta é que, a partires de agora, os cativos traballen nos seus libros (lengua,lingua e matemáticas), e vaian rematando o que quedou pendente do segundo trimestre. Así que os rematen, vacacións todo o verán, que ben as merecen.

Os textos do 3º trimestre están sen comezar, así que quedan no colexio para o curso que ven.

Seguirei poñendo nesta web algún conto semanal e algunha actividade de apoio que poida ser interesante.

Graciñas pola vosa colaboración durante todo este tempo!!

 

 

Aquí tedes uns enlaces a recursos para facer no ordenador:

 

ESTUDO AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

RECURSOS DE MATEMÁTICAS 

RECURSOS DE LENGUA

 

E o conto desta semana é:

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO

 Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut