Skip to Content

Música

INSTRUMENTOS MUSICAIS

 

Pica na imaxe para acceder ao Kahoot!

OBRADOIRO ECOPERCUSION

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de Ecopercusión organizado polo Servizo Municipal de Educación do Concello de A Coruña.

Primeiramente coñeceron materiais reciclados que podían ser reconvertidos en instrumentos musicais. Despois montaron unha banda para crear unha poliritmia usando patróns rítmicos de xéneros Afrocaribeños, desenvolvendo a coordinación, lateralidade, traballo en grupo e liderado. Remataron facendo unha exhibición para todo o colexio.

PETISCOS MUSICAIS

Hoxe gustaríame traervos un blog administrado por unha profesora coruñesa, do CEIP Arteixo.

https://petiscosmusicais.blogspot.com/2020/

Neste blog tendes unha clasificación por cursos onde podedes aprender cancións, bailes, construír instrumentos, escoitar música e ver como os vosos compañeiros de Arteixo usan a música como un xogo máis.

Agardo que o desfrutedes, e a ver se vedes a alguén coñecido.

Saúde! Marcos.

 

FRAUTAS CASEIRAS. BOTELLAS E TUBOS.

Envíovos hoxe o último video de Abraham Cupeiro, un amigo moi creativo que vos vai ensinar a sacar son dunha botella.

https://www.facebook.com/edlg.cmuscoruna?__tn__=%2CdC-R-R&eid=ARBa5FWG6G...

Na casa seguro que tedes tubos, botellas, latas e un montón de recipientes que podedes usar como frautas. Eres quen de facer soar un vaso ou unha botella?

Neste blogue de Facebook Abraham subirá de vez en cando experimentos musicais fáciles de facer na casa. Animádevos a probar!

Saúde! Marcos.

SUBE AQUÍ

Aquí vos deixo outra suxestión para airear os miolos entre exercicio e exercicio. Unha miniserie feita para vós, que empezou canda a corentena. Sube aquí é unha creación de "La Chica Charcos" que subirá un capítulo cada semana.

 

Nestes episodios tedes algo de música, literatura, humor, e moitas outros sketches para que aprendades mentres vos divertides.

 

Este é o primeiro, e xa van polo 4º.

 

https://www.youtube.com/watch?v=cxYL2_7hNLI

 

Saúde! Marcos.

FAI O TEU OBOE CUNHA PALLIÑA

Aquí vos deixo o video de Abraham Cupeiro, profesor no Conservatorio de Música da Coruña, que nos di como facer na casa un oboe cunha palliña e unhas tesoiras.

 

https://www.facebook.com/RadioVozFerrol/videos/220403429396830/?t=4

 

Se non tendes medo a queimarvos, tedes outra versión do mesmo instrumento aquí:

 

https://www.youtube.com/watch?v=xalbIM9xleU

 

 

Probade a facer os buratos máis arriba, máis abaixo, máis grandes ou máis pequenos e observade o que pasa.

 

Saúde!

Distribuir contido


by Dr. Radut