Skip to Content

OBRADOIRO ECOPERCUSION

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de Ecopercusión organizado polo Servizo Municipal de Educación do Concello de A Coruña.

Primeiramente coñeceron materiais reciclados que podían ser reconvertidos en instrumentos musicais. Despois montaron unha banda para crear unha poliritmia usando patróns rítmicos de xéneros Afrocaribeños, desenvolvendo a coordinación, lateralidade, traballo en grupo e liderado. Remataron facendo unha exhibición para todo o colexio.



blog | by Dr. Radut