Skip to Content

O noso centro

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024 - XORNADA PORTAS ABERTAS

 


Poden visitar o centro, solicitando cita previa os días:

- 13 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.

- 27 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.

- 6 de marzo de 2023 ás 17:30 h.

 

O NOSO CENTRO

Datos identificativos

 

Nome/ Código:                  C.E.I.P. José Cornide Saavedra - 15023375

 

Enderezo:                          Avda. Sardiñeira, 42   CP. 15008 – A Coruña

 

Teléfono/ Fax:                   981 24 87 96

 

Creación:                          Modificación antigo Colexio EXB, construído no ano 1982

 

Nº unidades.                     5

 

Correo electrónico:           ceip.cornide.saavedra@edu.xunta.gal

 

Blogue:                              Pasapáxina: https://anosabiblio.blogspot.com/

Web:                                  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcornidesaavedra/

 

 

Situación e contorno

O C. E. I. P. José Cornide Saavedra é un colexio público situado na Avenida da Sardiñeira, no barrio dos Mallos, na cidade da Coruña.

É un centro singular, pois está nun contorno urbano escolarizando oitenta e cinco alumnos/as desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, pero só ten cinco unidades, todas elas mixtas.

Ocupamos un edificio que foi construído como  pavillón de infantil e ten seis aulas das que cinco funcionan como tales, sendo a sexta a biblioteca escolar (este colexio ten un proxecto de Biblioteca escolar desde o ano 2004 e participa no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares desde a súa primeira convocatoria).

Esta situación  condiciona a dinámica do centro, en aspectos negativos como a precariedade de espazos ou o raquítico do catálogo de profesorado, máis tamén incide directamente nun proxecto educativo que ten como eixo fundamental as relacións entre o alumnado, as actuacións conxuntas de todos, a implicación duns alumnos/as nas actividades doutros  e, en definitiva coida e estimula as relacións humanas dentro do conxunto da comunidade escolar, na que por suposto tamén incluímos ás familias.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut