Skip to Content

Complementarias

SEMBRANDO VIDAS

O venres 17 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou na actividade "Sembrando Vidas" organizada por Stop Accidentes con motivo do Día Mundial en recordo das vítimas da violencia vial.

Con esta actividade, plantamos unha moreira no noso patio e o alumnado puido plantar unhas sementes en macetas individuais. Ademáis do persoal do centro e de Stop Accidentes, participaron na actividade: Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes Galicia, e Nereida Canosa, concelleira de innovación, mobilidade e infraestruturas.

 

                                                                   

 

                   

RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022

Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.

AS FAMILIAS VEÑEN Á ESCOLA

Hoxe tivemos a visita do pai de Elsa de Infantil.

Contounos como é o seu traballo como adestrador no clube Orlando Pirates de Johannesburgo en Sudáfrica co que recentemente gañou a Copa.

Puidemos facerlle moitas preguntas sobre o deporte que tanto lles gusta a algúns como é o FÚTBOL.

 

            

 

  

  

 

 

Polo San Martiño, trompos ao camiño

coledaseca: 2016

O 11 de novembro celebramos no centro o magosto cunha xornada chea de actividades. Neste día, celebración do san Martiño xa se sabe que... "Polo San Martiño, trompos ao camiño"! Tivemos a ocasión de asistir a un espectáculo de peonza cun campión de sona internacional que nos fixo unha chea de trucos a cada cal máis abraiante. Velaquí unha mostra visual para que vos fagades unha idea do moito que gozamos:

 

A continuación, o alumnado de 5º e 6º organizou un circuíto de xogos con castañas. Por fin puidemos compartir grupo alumnos e alumnas de distintos niveis e realmente foi un tempo que disfrutamos ao máximo. Noraboa aos organizadores!

 

    

 

   

  

PEGADAS DO NOSO

O 9 de novembro tivemos na biblioteca a actividade "Pegadas do noso" na que participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

Unha proposta que misturou o xogo, coa divulgación cultural, a música e a narración oral, perfecto para lle achegar á rapazada máis pequena a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial desde os seus propios coñecementos e experiencias: a literatura oral, as festas galegas, as cántigas, os traxes, os apeiros e a mitoloxía, foron os contidos aos que se achegaron con talante curioso e xoguetón, para converterse en intrépidos/as investigadores/as do noso.

 

 

DÍA DA EF NA RÚA

DÍA DA EF NA RÚA

 

 #DEFC2022 #DEFR2022

 

  Este 27 de abril celebramos o esperado Día da E.F. na rúa. Esta actividade, organizada polo COLEF, tiña este curso o lema "EF sosteniendo la salud y el planeta" e buscaba unha maior conciencia social empregando material de refugallo. As familias fostes as encargadas de dar forma a este proxecto e construír os implementos necesarios. Saíron cousas xeniais! 

  Deste xeito, armados con discos voadores, paladós e bipalas fomos ata o parque de Vioño para desfrutar dunha xornada de actividade física ao aire libre na que todos os participantes se entregaron ao máximo e colaboraron para que os xogos fosen aínda máis divertidos.

 

  Queda por aquí unha mostra de como foi esta experiencia. 

  Sen dúbida, os nosos alumnos e alumnas amosaron a todos aqueles que se detiveron a mirar,  o que é a actual Educación Física e como é o traballo que se realiza nas aulas. Ademais, sentíronse orgullosos de demostrar que a Educación física é unha disciplina integral e integradora, para todos e para toda a vida, e a base para instaurar uns hábitos saudables e un estilo activo de vida. Así que non nos queda máis que dicir...

 

ESCALADA NA ESCOLA

BAUTISMO DE ESCALADA

 
  Este venres 5 de marzo de 2022 o alumnado de 3º a 6º viviu unha intensa xornada de ciencia, visitando o MUNCYT, e deporte: nada menos que a práctica do bulder. Grazas ao convenio que o Concello da Coruña ten con AMI, a Asociación de Montañeiros Independentes situada na mesma cidade, gozamos dun bautismo de escalada no rocódromo de Riazor. 
 
  Os deportes de montaña teñen un potencial educativo que trascende do meramente motriz, ademais de desenvolver capacidades físicas e de brindar experienccias moi enriquecedoras en aspectos psicolóxicos e sociais. Ensínannos a xestionar o medo, a confianza, a superación de barreiras e a cooperación. Os nosos alumnos comprobaron persoalmente que isto é así e todos e todas, incluso aqueles máis reacios, superáronse a si mesmos tratando de ascender polos percorridos marcados. Son uns auténticos campeóns!! E para mostra as seguintes imaxes:
 
 
  Este tipo de actividades, polos condicionantes de material, organización e instalacións que precisan, non son doadas de seren postas en práctica de xeito habitual así que agradecemos aos monitores de AMI a posibilidade de experimentar esta modalidade deportiva tan interesante. Se queredes repetir a experiencia podedes consultar no seguinte link os cursos e xornadas que ofertan:
 

https://amimontanismo.es/actividades/cursos/

 

  AMI
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut